Estratexias de adaptación fronte ó cambio climático na vitivinicultura

Publicidade
Estratexias de adaptación fronte ó cambio climático na vitivinicultura

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), organiza o próximo martes, 19 de novembro, unha xornada técnica en Monforte sobre as estratexias de adaptación ao cambio climático na vitivinicultura.

Na sesión daranse a coñecer distintas iniciativas que abordan a problemática do cambio climático, en particular no viñedo. Tamén se presentarán os resultados dalgunhas medidas de adaptación, ó tempo que se afonda nas consecuencias que as variacións do clima provocan na vide e a adega.

O evento desenvolverase no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, en quenda de mañá. Dispoñen de 75 prazas polo que as persoas interesadas deberán remitir a solicitude antes do día 17 ao enderezo electrónico evega.medio-rural (arroba) xunta.es ou ao fax 988 788 099. A xornada conta coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e a Fundación Juana de Vega.

A continuación detallamos o programa da xornada:

-9.00 – 9.30 horas. Recepción de asistentes. Entrega de documentación.

-9.30 – 10.10 horas. Vulnerabilidade dos viñedos fronte ao cambio climático e estratexias de adaptación. Life AgriAdapt. Jordi Domingo Calabuig. Fundación Global Nature.

-10.10 – 10.50 horas. Adaptación da viticultura ao cambio climático. Proxecto InfoAdapta. José Manuel Delgado Pérez. Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA).

-10.50 – 11.40 horas. Fomentar a transferencia de coñecementos para impulsar a adaptación aos efectos do cambio climático do sector da viña. VIN&ADAPTII. Elvira Carles Brescoli. Directora da Fundación Empresa e Clima.

-11.40 – 12.00 horas. Pausa-café.

-12.00 – 12.30 horas. O proxecto LIFEShara. Anna Pons Reynés. Fundación Biodiversidade.

-12.30 – 13.00 horas. Estratexia galega do cambio climático e enerxía 2050. Mª Luz Macho Eiras. Subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Xunta de Galicia).

-13.00 – 13.30 horas. Prácticas para mitigar os efectos do cambio climático na viticultura: ensaios de rega en Galicia. José Manuel Mirás Avalos. Centro de investigación e tecnoloxía de Aragón (Cita).

-13.30 – 14.00 horas. Mesa redonda: Estratexias de adaptación ao cambio climático na vitivinicultura. Coordinadora: Pilar Blanco Camba. Investigadora da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).

 

– Descarga aquí a solicitude de inscrición na xornada.

 

– Consulta tódolos detalles da xornada.

 

xornada-cambio-climatico-vitivinicultura-Evega-Monforte-

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información