Demostración sobre o emprego de tracción animal na viticultura

Expertos franceses e galegos amosarán as vantaxes de recuperar a tracción animal para o cultivo sustentable dos viñedos nunha xornada sobre o emprego de animais na viticultura este sábado en Ribadavia

Publicidade
Demostración sobre o emprego de tracción animal na viticultura

Laboreo con cabalo nun viñedo de Portugal. // Foto. A.M. Lopes.

O Museo do Viño de Galicia, en Santo André de Camporredondo, Ribadavia (Ourense), acolle mañá sábado unha demostración sobre o emprego de tracción animal moderna e animais na viticultura.

Dende a Asociación Galega de Tracción Animal Á Molida, un dos organizadores, reivindican que a recuperación da tracción animal no cultivo das viñas pode ter un papel fundamental para maximizar as vantaxes do ‘terroir’ e preparar mellor os solos dun xeito máis sostible. Estes son os motivos fundamentais polos que estas prácticas se conservan en viñedos de países coma Francia. Así, ó longo da xornada abordarase a recuperación destas prácticas e incluirase unha demostración en viñedos de Leiro.

A asistencia á xornada é libre ata completar o aforo. Porén, os organizadores pregan confirmar asistencia no teléfono 988 788 720 ou no enderezo electrónico mu.etnoloxico.ribadavia(arroba)xunta.gal.

Detallamos o programa da xornada:

-10.00 horas. Gandería extensiva con raza ovella galega. Bernardino Domínguez Castiñeiras, veterinario responsable do Programa de Recuperación de Razas Autóctonas de Galicia (ovella, cabra e porco celta).
Silvia Adán Belmonte, directora Adxunta de Boaga e secretaria executiva de Asovega.

-11.30 horas. O Emprego da tracción animal moderna na viticultura. Alfred Ferris García
Agricultor ecolóxico adicado ao traballo con animais. Formador en tracción animal polo Lycée Agricole de Montmorillon (Francia).
Davide Antón Outeiro Castiñeira, presidente da Asociación Galega de Tracción Animal Á Molida.

-15.30 horas. Demostración de tracción animal en viñedos da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, en Ponte San Clodio (Leiro). Alfred Ferris García, agricultor ecolóxico adicado ao traballo con animais. Formador en tracción animal polo Lycée Agricole de Montmorillon (Francia).

xornada-programa-traccion-animal-na-viticultura-

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información