Curso profesional de enoturismo en Valdeorras

Publicidade
Curso profesional de enoturismo en Valdeorras

Viñedos de Adega Eidos con visitas de enoturismo.

A Asociación Empresarial de Valdeorras organiza un “Curso de Enoturismo: Creación, promoción e comercialización de produto enoturístico”. O curso, de 34 horas de duración, impartirase entre os días 11 e 21 de xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas, de luns a xoves.

Os destinatarios son promotores, empresarios, empregados do sector enoturístico, persoal de bodegas, diplomados en turismo, bloggers, prensa especializada e persoas interesadas en iniciarse no enoturismo.

Será impartido por Mercedes González: Sumiller, asesora do proxecto-sumiller. formadora de Formadores e docente en cursos de enoturismo na Junta de Castilla y León. Ademais, é xerente de Asesoría Gastronómica Membajadora, directora técnica da revista “Vinos y Cultura” e presidenta de “Vitislucus”-Expertos en Análises Sensoriais e Enoturismo.

O obxectivo do curso é xerar unha bolsa de profesionais capacitados para cubrir os postos que demanda o sector do enoturismo, que comprendan o funcionamento dos destinos e estruturas turísticas e que desenvolvan estratexias de comunicación co uso das novas tecnoloxías.

Contidos:

• O turismo enolóxico: Concepto e evolución.

• O sector turístico e o turismo enolóxico en España.

• Perfil do turista.

• Principais canais de distribución do turismo enolóxico

• A comunicación en enoturismo. Uso das novas tecnoloxías. Redes sociais como ferramentas de comunicación.

• O produto enoturístico: Concepto e tipos. Vinoterapia, Talleres de Cata, Talleres de Viticultura, Clubs de Cata, Talleres de Enoloxía, Talleres de Gastronomía e Maridanza, Rutas do Viño.

Lugar de impartición:

Centro de Formación de AEVA Praza Andrés de Prada, 2-1º 32300 O Barco de Valdeorras

Información e inscricións:

Asociación Empresarial de Valdeorras Praza do Concello, 2 32300 O Barco de Valdeorras Teléfono: 988 321150 e-mail: aeva@empresariosdevaldeorras.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información