Curso gratuíto sobre técnicas de cultivo da viña en Verín

Publicidade
Curso gratuíto sobre técnicas de cultivo da viña en Verín

Os días 20, 21, 22, 23, 27 e 29 de xuño terá lugar en Verín a realización do curso “Técnicas de cultivo”, organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), coa colaboración da D.O. Monterrei, Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal), entre outras entidades.

Este curso, de carácter gratuíto, impartirase no centro de formación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín (Camiño Lanuxe de Sousas). Os obxectivos do mesmo son a formación dos viticultores e adegueiros sobre os temas máis importantes relacionados coa viticultura, abordando cuestións e aspectos que posteriormente poidan poñer en práctica nas súas explotacións.

O curso “Técnicas de cultivo” está destinado un máximo de 20 participantes (persoas interesadas como titulares, cotitulares e familiares que traballen en explotacións agrarias, traballadores por conta allea tamén en explotacións agrarias, socios ou empregados de asociacións con personalidade xurídica no ámbito agrario -en todas as categorías preferentemente explotacións vitivinícolas-; así como mozos que desexen incorporarse o sector agrario ou continuar coa súa formación neste ámbito).

Durante o mesmo impartiranse cuestións como “A planta: selección varietal e portaenxertos”, “A plantación do viñedo”, “O mantemento do chan”, “Técnicas de prevención e métodos de control de enfermidades e pragas da vide”, “Aplicación de fitosanitarios” e “Manexo de material vexetal da vide: enxerto, poda e condución”.

Os interesados en participar nesta acción formativa deberán inscribirse, antes do 18 de xuño, a través de: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Fax 988-788099 ou correo electrónico evega.medio-rural@xunta.es) ou na sede do Consello Regulador D.O. Monterrei (Avenida Luís Espada, 73 baixo), indicando nome e apelidos, DNI, dirección postal, correo electrónico e profesión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información