Curso de verán sobre “O mundo dos viños galegos”

Publicidade
Curso de verán sobre “O mundo dos viños galegos”

Vendima na DO. Rías Baixas

Data inicio: 25/06/2019
Data fin: 28/06/2019
Lugar: Adegas Terra de Asorei, Cabeiro - San Martiño de Meis, Pontevedra, España

A adega Terras de Asorei, en San Martiño de Meis, acollerán do 25 ao 28 de xuño o curso de verán organizado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre “O mundo dos viños galegos. Foro do Albariño”.

Trátase dun curso transversal no que se abordarán temas como o coidado da terra e a cepa, a elaboración do viño, a xestión dunha adega, a comercialización, o enoturismo e o aspecto cultural.  En dito curso participan  profesores universitarios e profesionais do sector do viño, todos eles de recoñecido prestixio, nun ambiente que transmita a cultura de cata. Ditos profesionais son profesores e catedráticos da Universidade de Santiago, de Vigo, de A Coruña e de Madrid, e así como profesionais do sector como enólogos, responsables do enoturismo, xestores da Ruta do Viño ou da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Este curso está dirixido alumnos, profesores universitarios ou de formación profesional, institutos, profesionais do sector do viño ou público xeral que queira acercarse ao mundo do albariño actual e ás tendencias e novidades do sector, contemplado dende varios puntos de vista.

programa_martin_codax_vinovert

curso viño asorei 2

curso viño asorei 3

Prazo de matrícula:

Ábrese o prazo o 15 de maio. Acaba o prazo 14 de xuño.

Centros de matriculación e información:

Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada- Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103

Campus de Lugo:
Área de Cultura – Pazo de Montenegro. Praciña da Universidade
Teléfono 98221513

[email protected] www.usc.es/cultura/veran

Descarga aquí o programa do curso

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información