Curso básico de viticultura e enoloxía

Publicidade
Curso básico de viticultura e enoloxía

Socalcos de viñedos sobre o río Mandeo, en Betanzos

A Fundación Juana de Vega organiza en colaboración co Centro de Formación e experimentación agroforestal de Guísamo (A Coruña), unha nova edición do “Curso de viticultura e enoloxía”, nivel básico, para a obtención dunha uva de calidade e para o seu posterior transformado.

A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos para conseguir é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación, mantemento de parcelas de viñedo e procesos de elaboración, principalmente adaptado á comarca que abrangue os viños da Terra de Betanzos.

Para adaptar as prácticas ao ciclo vexetativo executarase o programa de maneira coordinada coas actividades para realizar nas fincas experimentais. O proceso de elaboración executarase de maneira coordinada coas actividades para realizar na adega.

Actividades: Demostracións de poda, de sistemas de instalación, de laboreo, elaboración de viños e cata, etc. Ademais, realizaranse prácticas de poda, de enxerto, de atado, de instalación, de laboratorio, de adega e de cata, etc. Tamén inclúe a visita a un viñedo e adega dunha comarca vitivinícola galega.

-Duración do curso: 100 horas (febreiro- decembro)

-Número de prazas: 24

-Prezo: 170 euros

CALENDARIO E PROGRAMA DO CURSO VITICULTURA E ENOLOXÍA BÁSICO 2019

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo, agás a inauguración do curso, que será na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros)

1ª PARTE: A VITICULTURA

-Martes, 12 de Febreiro de 2019.

16:00 a 16:30 h. Inauguración e Presentación do Curso (Director Fundación- Director CFEA- Coordinador técnico do Curso)

16:30 a 20:00 h. Conferencia: A poda de árbores e arbustos en Galicia: evolución e perspectivas. Xosé Antonio Meixide Fernández.

-Xoves, 14 de febreiro

16:30 – 20:30 h; Teoría e práctica: A poda da cepa

-Xoves, 21 de febreiro.

16:30 – 20:30 h; Práctica: Poda de formación.
19:30 – 20:30 h.; Teoría: Ferramentas e útiles de poda.

-Mércores, 27 de febreiro.

16:30 – 19:30 h; Práctica: Poda de fructicación
19:30 – 20:30 h.; Teoría: Adestramento, mantemento e medidas de seguridade cas ferramentas e utensilios utilizados na actvidade da poda

-Xoves, 7 de marzo

16:30 – 20:30 h; Teoría e Práctica: Atado

-Xoves, 21 de marzo

16:30 –20:30 h; Práctica: Técnicas de implantación. Eliminación de restos de poda. Reposición de marras. O material vexetal a implantar: cuidados e categorías.

-Xoves, 4 de abril

16:30 – 20:30 horas; Práctica: Instalación do empalizamento. Control da Escoriose na vide

-Xoves, 11 de abril

16:30 – 20:30 horas; Teoría: Os estados fenolóxicos. Pragas e enfermidades do viñedo.

-Xoves, 25 de abril

16:30 – 20:30 horas; Práctica: Desforracinado e espergurado. Mantemento do solo.

-Xoves, 2 de maio

16:30 – 20:30 horas; Práctica: Poda en verde.

-Mércores, 15 de maio

16:30 – 20:30 h; Práctica: Desnetado. Guiado da gomariza. Seguimento dos estados fenolóxicos. Defensa vexetal.

-Xoves, 6 de xuño

-16:30 – 20:30 h; Teoría: Lexíslación vitvinícola.OCM. Axudas. Denominacións de calidade

-Xoves, 20 de xuño

16:30 – 20:30 h; Práctica: Seguimento do ciclo de cultivo. Poda en verde. Aclareo de froitos. Maquinaria na viticultura

-Xoves, 11 de xullo

16:30 – 20:30 h; Visita a viñedo e adega de Viño da Terra de Betanzos e Comarca

-Mércores, 31 de xullo

16:30 – 20:30 h; Práctica: Desfollado. Despuntado. Seguimento e control do mosquito verde. A botrite.

2ª PARTE: ENOLOXÍA

-Xoves, 12 de setembro

16:30 – 20:30 h; Teoría de elaboración de viños.

-Venres, 13 de setembro

16:30 – 20:30 h; Práctica: Control da maduración. O acondicionamento da adega. Organización da vendima.

-Mércores, 2 de outubro

16:30 – 20:30 h; Práctica: Elaboración de viños brancos: Obtención de mostos para vinificación. Fermentación en brancos

-Xoves, 3 de outubro

16:30 – 20:30 h; Práctica: Elaboración de viños tintos: Obtención de mostos para vinificación. Fermentación en tinto

-Mércores, 23 de outubro 1

6:30 – 20:30 h; Práctica: Conservación dos viños. Trasegas. Sulitado.

-Xoves, 24 de outubro

16:30 – 20:30 h; Práctica: Analítica de viños en laboratorio.

3ª PARTE: Sábado de decembro ou xaneiro: Visita de campo a adega de DOP. Data de decembro a concretar: Clausura do curso, cata e entrega de diplomas.

Inscríbete nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información