A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Cristina Alcalá, nova xerente da DO Ribeiro

Cristina Alcalá é socióloga, sumiller e unha das comunicadoras do mundo do viño máis recoñecidas en Europa

Cristina Alcalá, nova xerente da DO Ribeiro

Cristina Alcalá

O C.R.D.O. Ribeiro presentou esta mañá a Cristina Alcalá, recoñecida profesional do mundo do viño a nivel nacional e internacional, que desempeñará as funcións de xerente do organismo. O acto tivo lugar esta mañá na sé do Consello Regulador, en Ribadavia, contando coa presenza do actual presidente en funcións, Felicísimo Pereira.

A elección de Cristina Alcalá para situala á fronte da xerencia do histórico C.R.D.O. Ribeiro foi tomada polo pleno do mesmo, apostando así pola experiencia e coñecemento do sector de Alcalá. Para tomar a decisión o pleno valorou a súa capacidade de liderazgo, comunicación e proactividad, a súa visión de futuro no deseño de estratexias, aptitude e empatía co sector produtivo e que dará prioridade aos procesos de calidade, para así poder lograr o recoñecemento que a D.O. Ribeiro se merece, dentro das DD.OO. históricas de Europa.

É reseñable que Cristina Alcalá coñece moi ben a D.O. Ribeiro, así como as súas adegas e viños. Nunha recente visita, xunto ao grupo de poñentes do Atlante Wine Forum situou a esta Denominación de Orixe “nun momento goloso, todo o mundo desexa coñecela e iso é boísimo”.

Máis de 18 anos vinculada ao sector vitivinícola

Cristina Alcalá é licenciada en Socioloxía e posgraduada en Técnicas de Investigación de Mercados pola Universidad Complutense de Madrid, tamén realizou estudios Dirección de Recursos Humanos en CECO (Centro de Estudios Comerciales y Económicos de Madrid). En relación coa súa formación no ámbito do sector do viño, é Master en Viticultura y Enología pola Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos da Universidad Politécnica de Madrid, así como Diplomada Sumiller polo Instituto de Formación Empresarial da Cámara de Comercio de Madrid.

A traxectoria profesional de Cristina Alcalá está vinculada ao sector vitivinícola dende fai 18 anos e ligada ao traballo como consultora en marketing, estratexias de promoción, comunicación, posicionamiento de marca, así como ao desenvolvemento e xestión de novos negocios e proxectos para empresas privadas e institucións públicas. Tras moitos anos residindo en Madrid e o seu paso por California, volveu á súa Galicia natal, onde admite estar no seu mellor momento profesional para levar a cabo un dos seus máis grandes retos: consolidar a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, entre as máis grandes de Europa.

Foi directora de 5 Senses Wine, a primeira revista interactiva e multimedia do viño e Opuswine, empresa editora das revistas MiVino-Vinum, Guía del Vino Cotidiano e a feira de viños Primer.

Dende o ano 2005 colaborou como experta en viños en Radio 1 de Radio Nacional de España en programas de alcance nacional e máxima audiencia traballando xunto cos xornalistas Olga Viza e Ciudadano García. Ha Foi colaboradora especializada no xornal El País edición nacional coa columna de opinión “Nota de Cata”e artigos durante oito anos, así como directora do portal online sobre viños parasaber.com do Grupo Prisa. Así mesmo colaborou con revistas internacionais como a británica Decanter, a norteamericana Wine&Spirits e a chilena Vino&Más, así como o portal gastronómico nacional 7Caníbales.

Como catadora profesional é representante española no prestixioso concurso Decanter World Wine Awards dende o ano 2008 e xurado no Concours Mondial de Bruxelles, Grenaches du Monde, Bacchus, Tempranillos al Mundo… Foi membro do comité de cata da Guía de Vinos Gourmets durante oito años e formou parte da organización técnica de Premios Internacionales Iberwine en dez edicións. Foi directora técnica da Feria Internacional de Vinos Iberwine 2010 e formou parte do Comité Técnico de San Sebastián Gastronomika e do club de viños Wineissocial.

Habitual de mesas redondas, charlas e conferencias do sector do vino, colaborou coa Universidade de Santiago de Compostela, cursos de verán da Universidad Menéndez Pelayo, Universidad de Cádiz, cursos de verán da Universidad País Vasco, FENAVIN, Fórum Gastronómico, Congreso dos Diputados, etc.

Recibiu o Premio á Mellor Tarefa de Comunicación 2013, outorgado por toda a D.O. Ribeiro e Premio Mirador del Vino 2015 pola súa traxectoria profesional. Ademais, tamén publicou dous libros: “El mundo del vino contado con sencillez” e “Eligen Ellas”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información