Convócanse as catas de viños, augardentes e licores de Galicia

O prazo de presentación das solicitudes de participación é ata o 15 de maio.

Publicidade
Convócanse as catas de viños, augardentes e licores de Galicia

Aguardientes de Galicia.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural e do Mar da convocatoria dos concursos correspondentes á XXVII Cata dos viños de Galicia, á XVII Cata das augardentes de Galicia, á IV Cata dos licores de herbas e de café de Galicia e das augardentes de Galicia envellecidas e a II Cata das augardentes de herbas de Galicia, e se dá publicidade ás súas respectivas bases.

Todos estes certames terán lugar no vindeiro mes de xuño, sendo o prazo de presentación das solicitudes de participación de sete días a contar dende mañá, día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Tal como establecen as citadas bases, as solicitudes relativas aos viños con denominación de orixe e ás augardentes e licores presentaranse na sede do consello regulador correspondente. Para o caso dos Viños da Terra enviaranse á Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sita en Santiago de Compostela (Avda. do Camiño Francés, 10).

As persoas interesadas en participar poderán atopar as bases, xunto cos correspondentes boletíns de inscrición, na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, nesta ligazón.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información