Convocadas as axudas para a promoción dos viños galegos en terceiros países

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161229/AnuncioG0426-211216-0009_gl.html

Prazo: Ata 30/01/2017

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, fóra da UE, e se convocan para o ano 2017. A dotación destas axudas é dun total de 3,5 millóns de euros para o período 2017-2018, a razón de 2,5 millóns de euros para o ano 2017 e 1 millón para o 2018.

Poden acollerse a estas subvencións as empresas vinícolas, as organizacións de produtores (e as súas agrupacións), os órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas de viño e as asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas deste sector.

Tamén se poderán beneficiar destas achegas as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños, as cooperativas de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas e os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados de terceiros países.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será ata o 30 de xaneiro. Os gastos subvencionables serán os realizados entre o 1 de xuño de 2017 e o 31 de maio de 2018.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información