Convocadas as axudas da Xunta para modernizar as adegas galegas

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190114/AnuncioG0426-211218-0001_gl.html

Prazo: Ata 31/01/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para investimentos que permitan a elaboración e comercialización de produtos vitícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga). Estas subvencións aumentan este ano o seu orzamento máis dun 13%. chegando aos 4,25 millóns de euros a investir en dous anos.

Poden solicitar as achegas tanto empresas vitivinícolas como organizacións e asociacións de produtores e organizacións interprofesionais. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá e estará aberto ata o 31 de xaneiro.

¿Que se subvenciona?

A través desta orde subvencionarase a construción, adquisición ou mellora de bens inmobles e a compra de maquinaria e novos equipamentos. Tamén se financia a adquisición ou desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador, de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas, así como os gastos relacionados con honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores e os estudos de viabilidade.

Deste xeito, preténdese fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante e a sustentabilidade económica e social integral das industrias. Búscase así mesmo, incrementar a dimensión empresarial das empresas e a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor. As achegas tamén teñen por obxecto a incentivar a sustentabilidade dende o punto de vista medioambiental co aforro de enerxía, a aposta polas renovables e a valorización e tratamento dos residuos, co fin de impulsar a certificación medioambiental das instalacións.

Outra finalidade desta orde é fomentar a produción ecolóxica e facilitar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas, polo que se valorarán todos estes obxectivos estratéxicos á hora de resolver as axudas por concorrencia competitiva.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información