Convocadas as axudas para os viticultores da Ribeira Sacra afectados polo pedrazo

Publicidade
Publicidade
Convocadas as axudas para os viticultores da Ribeira Sacra afectados polo pedrazo

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160923/AnuncioG0426-150916-0001_gl.html

Prazo: Ata 24/10/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que convoca as axudas para aos viticultores da Ribeira Sacra afectados polo pedrazo, que durante o mes de agosto provocou perdas duns 900.000 kilos de uva nesta Denominación de Orixe.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia como viticultoras, que teñan viñedos na zona xeográfica delimitada no anexo II, da Ribeira Sacra. En concreto, nos polígonos 31 e 92 do concello de Sober e no 181 do de Monforte de Lemos. Concederanse axudas por aquelas parcelas vitícolas que foron afectadas polo pedrazo:

axudas_ribeira_sacra

Esta convocatoria de axudas dispón dun orzamento de cincocentos mil euros (500.000 euros), que se distribuirá entre todos os beneficiarios a razón de 7.000 euros por hectárea.

No caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para facer fronte a todos os beneficiarios, procederase ao rateo.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É dicir, ata o 24 de outubro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información