A Denominación de Orixe Monterrei vén de celebrar a cata de calificación da colleita 2018, na que participaron representantes de diferentes asociacións profesionais e do panel oficial da denominación, que calificaron como “moi boa” a añada 2018 dos viños da DO Monterrei.
O equipo de cata destacou que “nos brancos existe unha destacada intensidade aromática con perfís moi diferenciados, mentres que os tintos son moi varietais, sen aristas e cunha gran harmonía en boca”.
Co obxectivo de valorar a última colleita, unha representación proporcional de viños da denominación sometéronse ó xuízo do panel. As mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración a cegas de cada unha delas. Con este método buscouse manter criterios de obxectividade, pois tódalas mostras eran anónimas.
A nota final foi o resultado do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo nese cálculo tanto as referencias de tintos como de brancos. Finalmente, a puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias, onde se obtén a calificación da colleita.
No panel de cata, que foi recibido pola presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, participaron os seguintes expertos: Carmen Fernández (periodista de Vinetur e do Clúster de Turismo de Galicia); Juan Carlos Gómez (responsable de Viños e Alimentación de Carrefour Galicia); Aurelio Vázquez (presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia ‘Gallaecia’); Iria Taibo (sumiller, formadora, traductora de bodegas); Rosa Domínguez (Asociación de Enólogos de Galicia); Begoña Gómez (Panel Oficial do CRDO Monterrei) e Jonatás Gago (Panel Oficial do CRDO Monterrei).