A colleita 2017 do D.O Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

Publicidade
A colleita 2017 do D.O Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

O panel de cata fixo unha valoración 'a cegas' tanto dos brancos coma dos tintos da denominación.

As instalacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acolleron estes días a Cata de Cualificación da Colleita 2017. Nesta cata participaron representantes de asociacións profesionais do sector e do panel oficial da denominación, que cualificaron como “moi boa” a anada 2017 dos viños de Monterrei.

O equipo de cata destacou que “en brancos existe unha destacada diversidade motivada polas variedades, solos e altitudes, cunha alta intensidade aromática; mentres que nos tintos, ademais da diversidade, atopamos viños tanto para consumo inmediato como outros con potencial de envellecemento”.

Co obxecto de valorar a presente colleita, unha representación proporcional de viños da denominación someteuse ao xuízo do panel. Ditas mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, para manter así criterios de obxectividade, ao tratarse de mostras anónimas.

A nota final resultou do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de tintos como de brancos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias, onde se obtén a cualificación de colleita.

No panel de cata desta mañá, que foi recibido pola presidenta do Consello Regulador Lara Dd Silva, participaron os seguintes expertos:

– Sonia Molero (secretaria xeral da Asociación de Catadores de Galicia “Gallaecia”).

– Juan Ramón Fontes (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

– Constantino Igrexas (presidente da Asociación Galega de Catadores).

– Luís Paadín (Guía de Viños e Destilados de Galicia).

– María Bueno (Galicia en Viños – Faro de Vigo La Opinión de A Coruña).

– Nuria De la Torre (Asociación Galega de Enólogos).

– Vania González (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información