A Casa Grande de Rosende, no concello de Sober, acolleu este venres a cata de cualificación
da colleita de 2016 de Ribeira Sacra. Os expertos catadores que proceden de diferentes organismos e asociacións de Galicia e do resto de España, outorgaron unha puntación de 7,5 cualificando así a colleita de 2016 de “Moi boa”.
O Panel de Cata estivo formado por nove catadores:
– José María Martínez Alonso: Membro do Panel de Cata do Consello Regulador
– Alfonso Losada Quiroga: Experto en viticultura e enoloxía
– Juan Á. Fernández Martínez: Membro do Panel de Cata do Consello Regulador
– Mikel Ceberio: Asociación de Catadoras de Navarra
– Antonio Raluy Rodríguez: Membro do Panel de Cata do Consello Regulador
– Jose Seoane: Xornalista especializado
– Iria Otero Mazoy: Asociación de Sumillleres Gallaecia
– José Ángel Lamas Peteiro: Asociación Vitislucus Expertos en Ánalisis Sensorial
– Maribel Gómez Soriano: Asociación Galega de Enólogos