Coidados do viñedo: Cómpre renovar os tratamentos contra o mildeu e vixiar o Black Rot e a Botrite

Publicidade
Coidados do viñedo: Cómpre renovar os tratamentos contra o mildeu e vixiar o Black Rot e a Botrite

Folllas con manchas de mildeu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) aconsella renovar o antes posible os tratamentos contra o Mildio usando funxicidas de acción preventiva e curativa. Tamén destaca a necesidade de aumentar a vixilancia sobre os síntomas de Black Rot pola especial sensibilidade das viñas a esta enfermidade, e comprobar as podremias tras as roturas de pólas derivadas dos ventos da cicloxénese Miguel.

Segundo indica a técnica R0sa Pérez, esta semana produciuse un aumento do Mildio, xa que as condicións climatolóxicas xa foron favorables ao fungo desde o domingo, observándose manchas vellas con zona de avance e esporulación e, nas fincas máis fortemente afectadas por unha infección anterior, acios co micelio do fungo. Tendo en conta as previsións do tempo, e a pesares de que moitos viticultores aproveitaron para tratar entre martes e mércores, indícase que é preciso comprobar o estado das fincas e verificar que as aplicacións foron eficaces e renovalas o antes posible – en canto mellore a climatoloxía- usando funxicidas de acción preventiva e curativa.

Vixiar os síntomas de Black Rot e de botrite

En canto a outras enfermidades, o persoal técnico aconsella incrementar a vixilancia dos síntomas de Black Rot, debido á presencia de certo incremento de follas afectadas. Tamén se advirte da necesidade de controlar a existencia de roturas de pólas das vides producidas polos ventos da cicloxénese Miguel, observando se hai instalación de podremia. Non hai que esquecer, así mesmo, que os órganos secos afectados polo Mildio e os capuchóns florais aínda non desprendidos poden ser o substrato ideal para que se instale a botrite se é que se mantén unha humidade elevada.

Coidados das froiteiras

No relativo ás maceiras, Areeiro aconsella tratar en canto se poida as árbores contra o moteado, así como instalar trampas parra controlar as couzas da mazá. Pérez indica que é axeitado agardar a unha regulación natural de poboacións de pulgóns no caso de que exista parasitismo, e tamén a ver se as mazás caídas no chan con danos por sarabia, ventos ou paxaros presentan fungos, sendo necesario eliminar os froitos que existan nese estado xa que poden servir de zona de posta para as moscas da froita que atacan a diferentes especies.

Dado que nesta primavera estanse a alternar períodos moi húmidos con outros secos e soleados as plantas do kiwi non teñen unha situación homoxénea en canto á floración. Onde xa sexa maioritario o fin dese período convén facer unha intervención con algún dos produtos autorizados polo Ministerio para facer fronte ás bacterioses.

Outro dos consellos de Areeiro é a aplicación de tratamentos nos marmeleiros, xa que se observa un incremento de síntomas causados polo fungo Entomosporium maculatum (Diplocarpon mespili) que pode defoliar as árbores.

Tamén se sinala a importancia de tratar as patacas contra o Mildio ante a elevada humidade que levamos sufrida desde o domingo, que obriga a renovar o antes posible as aplicacións fronte a esta enfermidade, sempre respectando o prazo de seguridade dos produtos utilizados nas plantas temperás próximas á colleita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información