Coidados da viña: Advirten das enfermidades da madeira no viñedo pola suba das temperaturas

Coidados da viña: Advirten das enfermidades da madeira no viñedo pola suba das temperaturas

Viñedo afectado pola esca

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, advirte no seu último aviso fitosanitario deste venres da aparición de posibles enfermidades da madeira motivadas polo calor dos últimos días. Segundo indica o persoal técnico do centro , as temperaturas tan elevadas rexistradas desde o mércores sen dúbida favorecerán a expresión de novos síntomas.

Neste sentido, aconsellan eliminar os brazos afectados despois da floración no caso de ter unha área afectada restrinxida, e débese facer sempre en tempo seco, desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte.

A técnica Rosa Pérez sinala que as condicións de clima soleado dos últimos días favoreceron o avance na fenoloxía das viñas, de xeito que xa só quedan algúns acios que aínda non abriron as flores, mentres que na maioría teñen flores abertas, en formación de froitos, ou mesmo nalgunhas viñas máis adiantadas incluso acios cos grans do tamaño da cabeza dun alfinete.

Rozar a herba e recortar os gromos demasiado crecidos

En canto ás patoloxías non se observaron novos síntomas de Mildio, que está freado nas viñas ou en fase de avanzada curación. Dadas as previsións climatolóxicas para os vindeiros días, a recomendación é non necesario renovar os tratamentos a corto prazo, revisar as viñas (en especial as que tiveron maior incidencia de síntomas nestes días) e estar pendentes da evolución do tempo, tanto no que se refire a precipitación como a temperaturas nocturnas: se estas baixan, como prevén a maioría de axencias, dos 10 ºC, o risco será menor.

Outra recomendación é rozar a vexetación acompañante das viñas, aínda moi alta nalgunhas parcelas, e recortar os gromos que teñan un desenvolvemento exaxerado para favorecer a ventilación das plantas e reducir así o risco de patoloxías. Esta labor debe ser moderada ao estar aínda o acio iniciando o seu desenvolvemento.

Algunhas viñas teñen gromos novos demasiado longos. Foto: Estación do Areeiro

Algunhas viñas teñen gromos novos demasiado longos. Foto: Estación do Areeiro

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información