Claves para contratar o seguro de viñedo

Este 1 de outubro abriuse a campaña de contratación do seguro de viñedo en outono, que rematará o 20 de decembro. O obxecto é incrementar a contratación deste tipo de pólizas en Galicia e facer fronte así ás adversidades climáticas.

Claves para contratar o seguro de viñedo

Viñedo chamuscado pola xeada. Foto: Paco Rego.

Este 1 de outubro abriuse a campaña de contratación do seguro de viñedo en outono, que rematará o 20 de decembro. O obxecto é incrementar a contratación deste tipo de pólizas en Galicia e facer fronte así ás adversidades climáticas, como xeadas, saraiba ou seca extrema, unhas inclemencias que agrava o cambio climático.

E é que na nosa comunidade apenas un 20% dos viticultores teñen asegurados os seus viñedos fronte á media española que supera o 50%.

Dende a correduría de seguros, Ucoga, líderes en Galicia en pólizas para o sector agrícola e gandeira, explican as principais novidades da Liña 312 para Uva de Vinificación.

Riscos e danos que se cobren:

A) Garantía da produción:
Cóbrense os danos en cantidade que se ocasionen sobre a produción de uva, para os riscos de xeada, murchado fisiolóxico (só na variedade Bobal), saraiba, riscos excepcionais (fauna silvestre, incendio, inundación ou choiva torrencial, choiva persistente ou vento furacanado) e resto de adversidades climáticas (seca, golpe de calor, corremento da uva…etc).

Tamén estarán cubertos os danos en calidade que se producen polo risco de saraiba e xeada no caso das producións que estean acollidas a unha Denominación de Orixe.

B) Garantía de plantación:
Para todas as plantacións cúbrese a morte da cepa polos riscos especificados na garantía de produción.

Para as plantacións en produción: se non morreu a cepa, cúbrese a perda da colleita do ano seguinte, agás para a saraiba, que se compensarán os gastos de poda.

C) Garantía ás instalacións:
Cóbrense os danos ocasionados sobre as instalacións, polos riscos especificados na garantía de produción.

Considéranse instalacións de produción os cabezais de rego, a rede de rego e os sistemas de condución (espaldeiras).

Para asegurar as instalacións, é obrigatorio asegurar o conxunto da produción e a plantación.

¿Que explotacións vitícolas se poden asegurar?

Son asegurables en calquera dos módulos, as explotacións cuxo titular teña inscrita ao seu nome a explotación no Rexistro Vitícola -o titular da póliza ten que coincidir co titular do Rexistro- ou solicitada a regularización a data do contrato.

Tense que incluír na declaración do seguro todas as producións asegurables a nome do mesmo titular.

¿Como e cando podo asegurar o viñedo?

O seguro conta con distintas opcións de aseguramento, que se reparten en dous grupos: seguro de outono e seguro de primavera, nas que se poden contratar coberturas por explotación ou por parcela.

A estes módulos principais pódenselle sumar unha serie de módulos complementarios para incrementar os quilogramos asegurados.

O período de contratación é o seguinte:VIÑEDO_SEGURO_UCOGA_1

Período de carencia:

– As garantías inícianse transcorridos 6 días desde o día seguinte ao pago do seguro.
– Non se aplicará carencia nas declaracións do seguro principal daqueles asegurados que contrataron este seguro na campaña anterior.
– Non se aplica carencia para o seguro complementario
– Aplicarase carencia para as garantías de xeada, nas declaracións que contraten con posterioridade ao 1 de Marzo.

¿Canta produción se pode asegurar?

A produción a asegurar é a produción real esperada (Produción que se espera recoller en condicións normais). O ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio ambiente (MAGRAMA ) establece o límite máximo de rendementos que cada asegurado pode declarar en cada unha das parcelas. Esta limitación de rendementos soamente establécese para o módulo 1, 2A, 2B E 3, no módulo P os rendementos son de libre fixación polo asegurado.

Modalidades de contratación:

A) Módulo de outono:VIÑEDO_SEGURO_UCOGA_2

VIÑEDO_SEGURO_UCOGA_3

Modificacións da póliza:

VIÑEDO_SEGURO_UCOGA_4

Poderanse tramitar baixas nestes módulos 1, 2A, 2B e 3 por non plantación e altas de novas parcelas
ata o 1 de Abril de 2018.

Seguro complementario:

VIÑEDO_SEGURO_UCOGA_6

 

¿A canto ascenden as subvencións das Comunidades Autónomas e de Enesa?

A subvención de Enesa é a seguinte:

VIÑEDO_SEGURO_UCOGA_5

Subvención ENESA = Sub. Base + contratación colectiva + financiamento SAECA + Características do asegurado + Renovación + Prácticas da redución do risco.

En caso de Entidades asociativas, a subvención é única, incompatible coas demais.

De toda subvención de ENESA, descóntase 60 euros en concepto de custos de xestión. En canto ás Comunidades Autónomas, a subvención é do 22% da prima comercial base, incluídas as bonificacións e recargos.

De toda a subvención da Comunidade Autónoma, descóntase 15 euros en concepto de gastos de xestión.

Por outra parte, mantense a bonificación do 5% para os produtores que contraten por primeira vez ou deixaran de subscribir este seguro nos últimos 3 anos.

Inclúense novas variedades e revísanse á alza os prezos de aseguramento

Por outra parte, o Ministerio de Agricultura aprobou este ano a inclusión de novas variedades nas denominacións de orixe de Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, así como noutras do Estado español. Tamén houbo unha revisión dos prezos de aseguramento á alza, para incrementar a indemnización en caso de sinistro.

Deste xeito, na Denominación de Orixe Monterrei a valoración da caste raíña nesta DO, a Godello, pasa dun mínimo de 0,43 euros o kilo e un máximo de 0,57 a un mínimo de 0,50 e un máximo de 0,70 euros o quilo. Tamén nesta DO se revaloriza a variedade Mencía de cara a percibir unha indemnización do seguro: pasa un intervalo de entre 0,43 e 0,59 euros o kilo a entre 0,50 e 0,70 euros o quilo.

Na Denominación de Orixe Valdeorras a variedade Godello pasa de valorarse para Enesa en entre 0,43 e 0,58 euros o quilo a entre 0,60 e 1,1 euros o quilo de uva. Tamén sobre a valoración da Mencía: pasa dun intervalo de entre 0,43 e 0,63 a entre 0,65 e 0,85 euros o quilo de uva.

En Ribeira Sacra, a variedade raíña desta DO, a Mencía, tamén experimenta unha suba na valoración de cara á contratación do seguro, e polo tanto de cara á posible indemnización. Pasa de entre 0,57 euros como mínimo e 1,00 euros o quilo como máximo o quilo de uva a entre 0,57 e 1,20 euros.

Na Denominación de Orixe Ribeiro apenas se notan cambios, pois a variedade preponderante, a Treixadura mantense para Enesa nunha valoración de entre 0,57 e 0,97 euros o quilo.

En canto a Rías Baixas tampouco se rexistran novidades xa que o Albariño segue valorándose entre 0,57 e 1,30 euros o quilo.

Por último, unha cláusula que de momento non se logro modificar, a pesar das peticións trasladadas dende os produtores, é a que obriga ao viticultor a contratar seguro para todas as parcelas declaradas no Rexistro Vitícola, e non parcela individuais.

A Consellería de Medio Rural porá en marcha en novembro unha campaña divulgativa para fomentar os seguros agrarios no viñedo

A Consellería do Medio Rural desenvolverá ao longo do vindeiro mes de novembro unha campaña divulgativa para fomentar a contratación de seguros agrarios no sector vitivinícola galego.

A iniciativa consistirá na organización de xornadas informativas dirixidas especificamente aos viticultores en cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas da comunidade autónoma. Programáronse en novembro para non entorpecer os traballos da vendima e para facelas coincidir co prazo para asegurar os terreos, que se prolonga dende outubro a finais de decembro de cada ano

.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información