Cales son os países con maior potencial para exportar viños?

O Observatorio Español do Mercado do Viño acaba de publicar un listado dos países con maior potencial para importar viños españois.

Publicidade
Cales son os países con maior potencial para exportar viños?

A D.O. Ribeiro está a apostar pola exportación

O Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv) acaba de publicar un listado dos países con maior potencial de exportación para os viños españois. Para iso seleccionou de entre os 40 principais importadores mundiais de viño, a aqueles países nos que entre os anos 2005 e 2014 a taxa de crecemento anual das vendas, en valor, sexa superior ao 7% e nos que a cota de mercado dos viños españois sexa inferior ao 7%.

O resultado mostra un conxunto de oito países, principalmente de Asia e do Leste de Europa: Hong-Kong (31,1%), Singapore (7,9%), Australia (14,7%), Brasil (12,9%), Taiwan (7,5%), Ucraína (11,9%) Malaisia (9,2%), Kazahstan (16,2%) ou Thailandia (17,7%).

Así se observa detalladamente nesta gráfica:

GRAFICA_PAISES_MAIS_POTENCIAL_EXPORTACION_VIÑO_2015

Para o OeMv “son mercados onde hai marxe de expansión e de crecemento para os nosos viños, e nos que os nosos directos competidores, en canto a valor das vendas, son, principalmente, Francia, e a continuación Nova Zelandia, Australia e Italia.

No ano 2014 as exportacións mundiais de viño superaron os 25.500 millóns de euros, dos que 2.511, un 9,8%, corresponderon a España.

Descarga aquí o informe completo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información