Bodegas Martín Códax ensaia nas viñas de Monterrei o efecto das candeas contra a xeada

Publicidade
Bodegas Martín Códax ensaia nas viñas de Monterrei o efecto das candeas contra a xeada

Ducias de pequenas luces entre a escuridade. Así quedou tinguida a paisaxe de Monterrei durante a noite deste martes, una imaxe que ademais de ser curiosa, reflicte o traballo que realiza na zona o equipo de viticultura de Bodegas Martín Códax, adaptándose ao cambio climático e ás condicións climatolóxicas adversas.

Tomando como referencia a práctica que levan a cabo nos viñedos franceses, dende Martín Códax quixeron probar os efectos do prendido controlado de candeas no viñedo durante a noite para facer fronte a posibles xeadas que poidan producirse na zona na que cultivan a variedade godello coa que elaboran Mara Martín e Mara Moura. E é que tras a vendima a vide vai entrando pouco a pouco nun estado de hibernación que dura todo o inverno, e que se rompe coa chegada da primavera e a suba das temperaturas. Durante este período no que se produce a agromada, a planta é máis sensible e as xeadas poderían estragar eses brotes verdes que xa agromaron.

Co obxectivo de coñecer as diferentes posibilidades coas que facer fronte a estes eventuais cambios na climatoloxía (que poden provocar adiantos na brotación e risco xeadas serodias) os viticultores realizaron este estudo nunha das súas parcelas de Monterrei, concretamente en Vilardevós. Con esta proba, puideron comprobar que a temperatura da vide subía tras o prendido das candeas, podendo chegar así a mitigar os efectos dunha posible xeada.

Outros métodos de protección

Pero este non é o único método co que se pode contrarrestar os efectos dunha xeada primaveral na viña. Dende a cooperativa tamén están a contemplar outras posibilidades como son os muíños de vento que moven as capas de aire en contacto coas cepas, e o emprego de maquinaria especializada que emite una mestura de fume con vapor de auga mentres percorre o viñedo, o que crea unha pantalla de fume que fai que o aire arrefríe mais lentamente elevando a temperatura da planta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información