Bodegas Martín Códax acolle una xornada técnica sobre viticultura sustentable

Publicidade
Bodegas Martín Códax acolle una xornada técnica sobre viticultura sustentable

Viñedos de Adegas Martín Códax

O vindeiro martes 21 de maio celébrase en Cambados a xornada técnica de presentación do “Proxecto VINOVERT, Viños, Competitividade, Políticas Medioambientais e Sanitarias das Empresas – Acompañamento cara a posta en marcha de metodoloxía”, que se desenvolverá nas instalacións de Bodegas Martín Códax.

Durante a xornada, organizada polo Grupo de Cromatografía & Quimiometría da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con Bodegas Martín Códax., tratarase o emprego de tratamentos en viticultura, un dos grandes obxectivos do proxecto no que se enmarca, VINOVERT. Financiado polo Programa Interreg Sudoe da EU o proxecto busca garantir a sustentabilidade da actividade vitivinícola, procurando solucións para obter viños de calidade producidos en contornas que limiten o emprego de insumos que degraden o medio natural e a calidade do aire.

O día comezará contra as 9.00 horas coa intervención de Juan A. Vázquez Gancedo, presidente do Clúster Alimentario de Galicia e director xeral de Bodegas Martín Códax, encargado de inaugurar a xornada. Tras el, darase paso ás exposicións de diferentes profesionais dalgunhas das entidades implicadas no proxecto. A Dra. Felicidad de Herralde, do Instituto de Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentaries (IRTA); a Dra. Cristina Carlos, do Cluster de Viños da rexión do Douro (Portugal), o Dr. Isaac Rodríguez Pereiro da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Dr. Carlos Calvo, do VITEC, Dr. José María Gil, do Centre de Recerca en Economia i Desenvolupament Agroalimentari (CREDA) pertencente a Universidade Politécnica de Cataluña; ou Miguel Tubío, director técnico de Bodegas Martín Códax, serán algúns dos poñentes que participarán na xornada.

Á xornada tamén asistirá o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez Vázquez, quen será o encargado de realizar o discurso de clausura ao final das exposicións (13.30horas).

programa_martin_codax_vinovert

O proxecto Vinovert

VINOVERT é un proxecto que busca garantir a sustentabilidade da actividade vitivinícola. Nel estúdanse os custes de produción baixo diferentes técnicas de xestión do viñedo en rexións con diferentes características climáticas, así como tamén os efectos de ditas prácticas nos residuos dos tratamentos no produto final.

Liderado polo INRA de Burdeos, en VINOVERT participan un total de 17 entidades, entre as que se atopan o Instituto Superior de Agronomía da Universidade de Lisboa, o Instituto das Ciencias da Viña e o Viño (ISVV) de Burdeos, o Instituto de Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentaries (IRTA), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ou Bodegas Martín Códax, ademais dunha ducia de empresas e entidades asociadas.

Martín Códax e a sustentabilidade

Dende os seus comezos, Bodegas Martín Códax apostou claramente pola investigación orientada a afondar no coñecemento da uva albariño, mellorar a calidade dos seus viños e, por suposto, acadar un modelo de produción sustentable e respectuoso co medio ambiente.

É en Pé Redondo, unha das parcelas da bodega, onde se levan a maior parte dos proxectos de investigación nos que traballou e está traballando a cooperativa. Algúns dos estudos encamiñados a mellorar a xestión do viñedo para que sexa máis sustentable e coidadoso co medio ambiente, así como á xestión sustentable da viña como o proxecto VinySost (2014-2018) ou Viñas Atlánticas (2010-2011).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información