Bo desarrollo das viñas sen avance do mildeu e do oídio

Bo desarrollo das viñas sen avance do mildeu e  do oídio

Nas zonas mais calidas xa hai floracion nos bravos_Foto: Estación Fitopatolóxica de Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de acreditar no seu último aviso fitosanitario deste venres o bo ritmo de desenvolvemento das viñas da provincia tras o tempo estable e soleado dos últimos días. Nas zonas máis cálidas, de feito, o persoal técnico xa detectou floración nos gromos dalgúns patróns e viñas ‘bravas’ e, se o tempo nos próximos días permanece soleado e as temperaturas son altas, sinalan que pronto se iniciará tamén en albariño e outras variedades.

En canto aos patóxenos, dende Areeiro sinalan que a pesares das choivas da pasada fin de semana, o tempo seco e cálido que houbo despois levou a que o estado das viñas sexa “bo ou moi bo” en relación ás infeccións de Mildio.

 Coas previsións do tempo non se agarda un avance das enfermidades fúnxicas

Coas previsións metereolóxicas existentes non se agarda un avance da sintomatoloxía, polo que a recomendación da Estación é revisar os viñedos nos que haxa síntomas antigos ou incipientes, sobre todo daqueles nos que xa concluíu o período de protección do tratamento anterior, daqueles situados onde chovera, e dos que se sexa consciente de que o tratamento anterior fora aplicado en condicións de vento.

Con respecto a outras patoloxías das viñas, apenas avanzou o síntoma detectado de Oídio a semana anterior na variedade tinta sensible, mentres que en albariño aínda non hai indicios do fungo. Continúan sen se observar signos de actividade das couzas pese a que hai capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas das parcelas de seguimento; segue a ser moi reducido o número de adultos de cicadélidos (e ningún de Empoasca vitis) recollido nas trampas; e seguen sen observar síntomas do ácaro da acariose.

Alteracións da madeira

Por outra parte, empezan a ser notorios algúns síntomas de alteracións da madeira en plantas dalgunhas parcelas onde xa se detectaran na campaña anterior e que non foran podadas. Se o síntoma se limita a algún brazo, pode eliminarse mellor despois da floración e en tempo seco, desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non é así, hai que ir marcando estas cepas para telas identificadas no momento da poda invernal.

Tamén se observou o primeiro síntoma de Black Rot nunha única folla dunha parcela de seguimento de O Condado, onde tradicionalmente hai presenza da enfermidade, aínda que con escasa incidencia.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información