Asunción Rodríguez Zarraquiños, nova presidenta da D.O Monterrei

Así o decidiu o Pleno do Conselo Regulador nunha reunión celebrada esta mañá. Trátase da quinta persoa que dirixirá a entidade e a primeira muller en facelo

Publicidade
Asunción Rodríguez Zarraquiños, nova presidenta da D.O Monterrei

Asunción Rodríguez Zarraquiños

O Pleno do Conselo Regulador da D.O Monterrei reuniuse esta mañá para proceder á renovación da Presidencia da entidade, despois de que o anterior presidente -Antonio Méndez Atanes- deixase o cargo a principios deste mes de xuño. Así, os membros do Pleno decidiron por maioría de votos que pase a ocupar o cargo de presidenta da D.O Asunción Rodríguez Zarraquiños, vicepresidente dende 2012 e presidenta en funcións dende a renuncia de Méndez Atanes.

Nacida no Concello de Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiñosserá a quinta persoa que presidirá a entidade e a primeira muller en facelo.

Obxectivos inmediatos

Ligada ao mundo da produción vinícola industrial dende hai máis de 10 anos, a nova presidenta situou entre os seus obxectivos máis inmediatos concluír os trámites para a obtención da acreditación ENAC e intensificar as accións de defensa e promoción do sector do viño de Monterrei, coa mirada posta na celebración da próxima Feira do Viño.

Con anterioridade á reunión do Pleno de hoxe, celebrouse unha votación interna na sede do Conselo Regulador á que foron convocados os bodegueiros integrados na D.O., que tamén apoiaron maioritariamente que Asunción Rodríguez Zarraquiños, presidenta en funcións, continuase no cargo ata a celebración de novas eleccións.

Sobre a Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Origen Monterrei é unha das cinco denominacións galegas. Confórmana 24 adegas do val de Monterrei, que abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós,  Riós,Oímbra e  Castrelo do Val. Un total de 467 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores. En 2014 a produción total da D.O. alcanzou os 2,8 millóns de quilos de uva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información