Asunción Rodríguez Zarraquiños cesa como presidenta da DO Monterrei

Publicidade
Asunción Rodríguez Zarraquiños cesa como presidenta da DO Monterrei

Asunción Rodríguez Zarraquiños

Asunción Rodríguez Zarraquiños cesa nas súas funcións como presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei por motivos persoais. Recentemente, Asunción Rodríguez comunicou a súa decisión á conselleira de Medio Rural e este mércores informou da mesma ante o Pleno da entidade, nunha xuntanza que comezou ás 19,30 horas.

A renuncia será efectiva a partir de mañá venres, día 9, dado que hoxe participará no que será o seu último acto como presidenta: un evento promocional dos viños da comarca na Casa de Galicia en Madrid, cuxa presenza tiña comprometida desde hai varias semanas.

A Presidencia en funcións do C.R.D.O de Monterrei será asumida polo actual vicepresidente do organismo, José Antonio da Silva Rodríguez, responsable de Vinos Lara, unha das 25 bodegas integradas na denominación de orixe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información