Areeiro insiste na necesidade de airear os acios

Publicidade
Areeiro insiste na necesidade de airear os acios

Viña bien desbrozada

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, informa de que na viña a situación segue a ser medianamente estable fronte á semana pasada. Sen embargo, houbo fincas no Condado, Rosal e preto de Pontevedra nas que si se confirmou un avance do fungo do Mildeu, todas elas nas que os labores de roza non se realizaron adecuadamente ao longo da campaña.

Nos vindeiros días anúncianse condicións similares de temperatura ás de anteriores semanas, o que sumado á existencia de orballos fai que a situación de risco persista. Aconséllase, pois, manter un elevado nivel de vixilancia, realizando revisións periódicas e renovar os tratamentos no caso necesario para frear as infeccións. Insístese en que non se deben esquecer os labores de aireación dos acios con despuntes, desfoliados e rozas.

En canto ao Oidio, non se percibiu avance algún, igual que no caso da botrite, ou dos cicadélidos. Si aumentaron as capturas das couces dos acios nalgunhas fincas, pero en número moi baixo, e tamén de grans afectados por golpes de sol nas comarcas do Condado e O Rosal.

Trioza dos cítricos

Por outra parte, a Estación de Areeiro informan de que esta semana recibiu un elevadísimo número de consultas sobre como intervir fronte á praga da ‘psila africana’ (Trioza erytreae), que nestes momentos está en plena actividade. Unha boa medida é retirar e destruír os brotes máis novos e tenros, nos que están as colonias dos insectos.

Ademais, é preciso aplicar tratamentos insecticidas. Debido a que tamén hai presencia de pulgóns e cochinillas ademais do tratamento específico para o control da psila, do que só se permiten unha ou dúas aplicacións ao ano, pode utilizarse calquera outro produto destinado ao control de insectos ‘chupadores’ dos cítricos.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información