Aprobada a norma para envasar viños galegos co selo de ‘Produción Integrada’

A etiqueta recoñecerá ós produtos que seguiron un ciclo de elaboración máis respetuoso co medioambiente que no sistema convencional. O indicativo é complementario ó das denominacións de orixe

Publicidade
Aprobada a norma para envasar viños galegos co selo de ‘Produción Integrada’

A nova normativa vitivinícola vén de publicarse no DOG.

Os viños galegos poderán optar a etiquetarse baixo a mención de ‘Produción Integrada’, un selo que recoñecerá aqueles produtos cun ciclo de elaboración máis respetuoso co medioambiente que no sistema agrario convencional. A produción integrada adoita definirse como un modelo de traballo a medio camiño entre o convencional e o ecolóxico. Caracterízase por reducir o uso de fontes contaminantes e os insumos exteriores á explotación, así como por privilexiar métodos de produción naturais.

En Galicia, xa existía unha regulación técnica sobre a produción integrada na que se especifican as características que ten que cumprir o cultivo e, de ser o caso, a súa elaboración ou procesado final. Para o sector vitivinícola, a normativa determinaba como cultivar as uvas, pero ó non existir normas para a elaboración do viño, as botellas non podían identificarse coa mención de produción integrada.

A entrada en vigor da nova regulación, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), permite a partir de agora a mención de produción integrada nas botellas. Creouse ademais unha etiqueta identificativa para facilitarlle ó consumidor un recoñecemento do produto, de cara a poñer en valor a súa calidade e a súa elaboración respetuosa co medioambiente.

O selo de ‘Produción integrada’ é compatible coas 5 denominacións de orixe e 3 indicacións xeográficas protexidas que hai en Galicia. Desde Medio Rural consideran que a etiqueta reforzará o recoñecemento da calidade dos produtos galegos no mercado. A comunidade conta con máis de 500 adegas e 16.000 viticultores. A produción anual do sector ronda os 40 millóns de litros de viño, cun valor de mercado de 180 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información