Aparecen no Rosal os primeiros síntomas de mildeu en viña

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomenda a aplicación de funxicidas sistémicos para combater o mildeu na viña

Publicidade
Aparecen no Rosal os primeiros síntomas de mildeu en viña

Vide con mildiu.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro lanza o seguinte aviso fitosanitario sobre a presenza dos primeiros síntomas de mildeu en viña:

Informáronnos da aparición dunha mancha de aceite (coa esporulación iniciándose) nunha parcela de albariño da bisbarra do Condado. Xa no aviso anterior (30 de abril) anunciabamos que era previsible que aparecesen en breve os síntomas da enfermidade, e dende entón houbo condicións ambientais favorables (aínda así, revisamos hoxe a nosa parcela de Areeiro e non hai manchas).

Considerando as condicións climáticas actuais, e o momento da campaña en que nos encontramos, o risco é moi elevado, polo que se recomenda a aplicación dun tratamento, especialmente naqueles viñedos que non recibisen aínda ningunha intervención.

Recorden que as funxicidas sistémicas ou penetrantes, que son os recomendados neste momento, non sofren lavado se trancorre unha hora entre a aplicación e posibles precipitacións, polo que se pode aproveitar os períodos de claros para tratar.

Ademais, é conveniente a adición dun mollante para facilitar a adherencia da funxicida á vexetación

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información