Advirten dos primeiros síntomas de oídio nas viñas da DO Rías Baixas

Publicidade
Advirten dos primeiros síntomas de oídio nas viñas da DO Rías Baixas

Primer sintoma de oidio en albariño 2014. Foto: Estación do Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar o seu aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixilancia pola aparición de Mildeu nas viñas e facer labores de sega de vexetación para airear as vides. Así mesmo, advirte dos primeiros síntomas de oídio e de aumentar a vixilancia pola aparición de Cicadélidos, Altica e ácaros.

As diferentes axencias meteorolóxicas consultadas non coinciden totalmente nos seus prognósticos en canto á posibilidades de precipitación a curto prazo. Tendo en conta a variabilidade climática da primavera, aconséllase revisar as viñas xa protexidas para confirmar a eficacia do último tratamento efectuado e renovalo no caso de que se observen síntomas, dado que o acio se atopa nun momento de elevada sensibilidade ao Mildeu. Para asegurar en maior medida un bo estado sanitario pode aproveitarse estes días para facilitar a aireación das vides mediante a sega da vexetación .

En canto ao Oídio, nesta semana os técnicos atoparon o primeiro síntoma sobre albariño nunha única folla da finca de Areeiro, se ben no resto de parcelas da rede non se observou presenza do fungo.

Sobre o resto de fungos ou patóxenos, polo de agora desaparecerá o risco de botrite, non se atoparon síntomas de Black rot, non é necesario tratar as couzas do acio e continúan moi baixas as capturas de Cicadélidos, ao igual que ocorre coa Áltica ou os ácaros. En calquera caso, e aínda que de momento non está xustificada a aplicación de tratamentos, si é necesario incrementar a vixilancia para detectar os síntomas e proceder en consecuencia.

Recomendacións da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia

Pola súa parte, dende Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, dependente da Consellería do Medio Rural, recomendan que no estado fenolóxico actual, recoméndase tamén manter o solo coas herbas controladas para mellorar a ventilación e reducir a humidade da vexetación do viñedo.

Manter o control de Mildeu neste período moi sensible. Os produtos recomendados son os de acción sistémica, pero tamén son válidos os de acción penetrante ou de fixación as ceras cuticulares en parcelas sen exceso de vigor. Dende o momento no que se forman as uvas no callado ata o tamaño perdigón, é moi importante que reciban un tratamento protector. Con independencia do produto empregado, é moi importante chegar a todas as partes do vexetal, cunha boa dosificación e regulación da maquinaria de aplicación.

É moi importante segar a herba para mellorar a ventilación da vide

Os preparados sistémicos levan o menos unha molécula de: benalaxil, benalaxil M, fosetil-Al, fluopicolina, iprovalicarb, metalaxil, metalaxil M ou valifenalato; os penetrantes e de fixación as ceras cuticulares: ametoctradin, amisulbron, azoxistrobin, bentiavalicarb, ciazofamida, cimoxanilo, dimetomorf, famoxadona, fluopicolida, mandipropamid, piraclostrobin ou zoxamida.

Neste período de precipitacións tamén é moi importante ter en conta que os produtos recomendados anteriormente xa non son lavados si transcorre 1 hora sin choiva tras a aplicación, excepto as materias activas ciazofamida e zoxamida, para as que debe transcorrer 2 horas, azoxistrobin, 4 horas, e Benalaxil M, 6 horas.

Xunto co anterior tratamento, en parcelas ou variedades con exceso de vigor, recoméndase ealizar un tratamento para o control da Botrite. Nas demais situacións menos sensibles, non se recomenda aplicar este tratamento específico, pero é conveniente que o preparado que se aplique para o mildeu leve ademais, como materia activa de contacto, Folpet pois ten efecto complementario sobre a enfermidade.

Materias activas específicas recomendadas para o control da Botrite: boscalida, ciprodinil + fludioxinil, fenhexamida, fenpirazamina, iprodiona, metil tiofanato, pirimetanil, tebuconazol ou tebuconazol +trifloxistrobin.

Maceiras
Dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro lembran que a vixilancia sobre as maceiras tamén debe manterse para as afeccións relacionadas con moteados e oídio, se ben obsérvase un incremento nas colonias de pulgón cincento e pulgón verde (non de lanífero) nas parcelas da rede propia de Areerio onde non se realizou tratamento algún.

En caso de ter que tratar nas parcelas privadas débese ter en conta que cando as follas están enroladas só serán eficaces os insecticidas sistémicos, tendo moito coidado dos efectos negativos que teñen sobre as abellas, co que, para minimizalos, débese intervir nos momentos de menor actividade destes insectos.

Buxo
Os técnicos de Areeiro sinalan que, se ben a semana pasada se informou de que aínda se atopaba a praga de Cydalima perspectalis no estado de crisálida, a día de hoxe xa se observan os primeiros adultos da segunda xeración en algúns puntos. Así, dende a EFA aconsellan que é “imprescindible” estar atentos á aparición das primeiras eirugas para poder tratar tan pronto aparezan os primeiros síntomas e evitar así as grandes defoliacións que poden producir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información