Aberto o prazo de matrícula para o Curso Superior de Sumiller Profesional

Publicidade
Aberto o prazo de matrícula para o Curso Superior de Sumiller Profesional

Xa está aberto o prazo de matrícula para o Curso Superior de Catador Profesional 2018-19, organizado polo Instituto Galego do Viño e que este ano chega á súa quinta edición. Están dispoñibles un total de 25 prazas.

O Curso Superior de Sumiller Profesional ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumilleres no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico. Grazas a un esixente programa lectivo e á participación dos docentes máis prestixiosos (Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.),  constitúese nunha referencia da formación vitivinícola de calidade en España, ofrecendo un programa de especialización profesional non dispoñible previamente en Galicia.

Este curso aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de mercadotecnia aplicadas ao viño.

Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico afondarase nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como:

-A difusión da cultura do viño, achegándoa a cada restaurante, viñoteca e taberna.
-O desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural.
-A orientación á calidade e a innovación como estratexia de diferenciación no mercado global.
-A procura de novos mercados nacionais e internacionais.
-A adecuada orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información