Aberto o prazo de inscrición para os cursos de viticultura e enoloxía, e fruticultura da Fundación Juana de Vega

Publicidade
Aberto o prazo de inscrición para os cursos de viticultura e enoloxía, e fruticultura da Fundación Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e Enoloxía (Básico e avanzado) e Fruticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.

A realización dos cursos terá unha compoñente teórica en aula e prácticas en leira. A data de inicio dos cursos é o xoves 18 de febreiro na sede da Fundación en San Pedro de Nós (Oleiros).

Consulta toda a información nas seguintes ligazóns:

Curso Básico de viticultura e enoloxía
Curso avanzado de viticultura e enoloxía
Basees técnicas para o desenvolve da fruticultura en Galicia

As inscricións deberán realizarse por correo electrónico en: info@juanadevega.org indicando: Nome do curso, nome e apelidos, dirección postal, número de teléfono móbil, e correo electrónico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información