A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Abanca e o CRDO Valdeorras ofrecen fórmulas de financiamento conxuntas no arranque da vendima

Publicidade
Abanca e o CRDO Valdeorras ofrecen fórmulas de financiamento conxuntas no arranque da vendima

De esquerda a dereita: Diego Fernández Borrajo, Francisco García Álvarez e Jesús Combarro Pereira.

Abanca e o Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras renovaron este venres a súa colaboración en materia financeira. Un convenio que recolle as principais peticións do sector e que ofrece opcións de crédito para adegas e viticultores no arranque da campaña.

O presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de zona de Abanca en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, rubricaron o acordo en Vilamartín de Valdeorras. No acto tamén participou o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

Respostas ás necesidades desta campaña

O convenio pon a disposición dos integrantes desta denominación de orixe a completa oferta sectorial vitivinícola de Abanca. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis perentorias desta campaña.

É o caso dunha póliza de crédito que pode estenderse ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

Abanca tamén facilita o cumprimento doutra das novidades da campaña: a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito complétase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Abanca ofrece produtos financeiros específicos para adegas e viticultores

Como complemento, desde Abanca Seguros traballouse en incorporar produtos específicos, tanto para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo), como para adegas (seguro pemes adegas).

Abanca conta co engadido diferencial dunha división específica centrada no sector primario e as súas necesidades, Banca Agro. Unha oferta que conxuga unha importante cantidade de xestores especializados e unha rede de oficinas líder en Galicia, presente na maior parte dos municipios onde cobra relevancia o sector vitivinícola.

Todo isto para dar reposta a un arranque de campaña que vén marcado plo retraso xeneralizado na recollida da uva e por unhas previsións baixistas baseadas nas chuvias primaverais que favoreceron a acción de fungos ou as altas temperaturas e escaseza de chuvias durante o verán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información