A Xunta non declarará zona catastrófica os viñedos do Bibei afectados pola saraibada

Publicidade
A Xunta non declarará zona catastrófica os viñedos do Bibei afectados pola saraibada

Danos provocados pola saraiba. Autora: Raquel F. Cruz. LR

A Consellería do Medio Rural buscará primar aos viñedos do Bibei, amparados pola DO Ribeira Sacra, afectados pola saraibada do pasado venres. Así llo trasladou o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez nunha reunión celebrada onte cos alcaldes da Pobra de Trives e Manzaneda, que pedían a declaración dos viñedos como zona catastrófica.

Martínez asegurou que a Xunta buscará a maneira de primar a estes concellos nalgunha liña de axudas para reparación de camiños de acceso a viñedos e soutos de castiñeiros. Ademáis, os servizos de extensión agrarias visitarán a zona para avaliar os danos, aínda que a Xunta descarta axudas específicas, como reclamaban os afectados, “xa que os cultivos poden estar cubertos por un seguro agrario que conta ademáis con subvencións”.

A saraibada afectou a unhas 100 hectáreas de viñedo do Bibei, dentro da DO Ribeira Sacra, que abrangue unhas 2.600 hectáreas. Segundo os alcaldes dos concellos afectados, a afectación aos viñedos varía do 30 ao 80% , aínda que nalgúns a saraiba chegou a botar a perder o 100% da colleita. Ademaís, preocupa a afectación das vides danadas para o vindeiro ano.

O presidente del Consello regulador, José Manuel Rodríguez lembrou, en declaracións a La Región, que “o que verdadeiramente funciona son os seguros persoais de cada un e o que podan mover os concellos na Administración ou tomando medidas especiais, aínda que técnicamente non é fácil”

As aseguradoras conceden 20 días para a avaliación dos danos e urxe que os peritos da administración visiten as zonas afectadas para axilizar ao máxime os trámites de cobro dos seguros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información