A Xunta lembra que só son legais os produtos fitosanitarios “rexistrados en España e coa etiqueta en castelán”

Responde así aos agricultores que se desprazan a Portugal para mercar produtos fitosanitarios que son máis baratos que en España. Dende a Consellería lembran tamén que “ao non estar autorizados en España, non poden ter o logo de Sigfito, polo que tamén incumprirían a lexislación”

Publicidade
Publicidade
A Xunta lembra que só son legais os produtos fitosanitarios “rexistrados en España e coa etiqueta en castelán”

A Consellería do Medio Rural lembra que só é legal utilizar produtos fitosanitarios en Galicia “que estean rexistrados en España e coa etiqueta en castelán”. Do contrario, expóñense a ser sancionados polo Seprona.
A Xunta responde así aos agricultores que se desprazan a Portugal para mercar produtos fitosanitarios que son máis baratos que en España.

“En España non se permite comercializar nin empregar un producto que non estea rexistrado en España e cunha etiqueta non redactada en castelán, xa que incumpriría as normas de etiquetado”, explica Víctor Novo, xefe do Servizo de Sanidade e Producción Vexetal da Consellería do Medio Rural.

Ademáis lembra que “ao non estar autorizado en España non pode ter o logo de SIGFITO, polo que incumpliría o indicado no R.D. 1416/2001 sobre eliminación de envases”.

O responsable de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta advirte tamén de que “non é posible realizar unha comprobación da equivalencia do rexistro de produtos fitosanitarios entre España e Portugal, dado que dita comprobación inclúe coñecer exactamente as composicións de ambos produtos (o de orixe portugués e o autorizado en España), aínda tendo en conta que teña a mesma porcentaxe de sustancia activa na formulación ou que o titular sexa o mesmo en Portugal que en España”.

Por último, Víctor Novo lembra que en España está regulada a importación paralela, recollida no artigo 52 do Regulamento 1107/2009. “As aprobacións para estas importacións paralelas son concedidas por esta Dirección Xeral, e publícanse na web do Ministerio”, subliña. “Outras importacións que non estean recollidas na web non son legais”, conclúe.

Importacións paralelas de produtos fitosanitarios autorizados en España:

http://www.magrama.gob.es/agricultura/pags/fitos/registro/fichas/pdf/Importaciones_Paralelas.pdf

Listado de produtos fitosanitarios autorizados en España: 

http://www.magrama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/productos-fitosanitarios/registro/menu.asp

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información