A Xunta destinará 8 millóns no período 2015-2018 en axudas ao sector víticola

Salientouno a conselleira do Medio Rural e do Mar nunha visita a dúas cooperativas de viño pertencentes á Denominación de Orixe Valdeorras e a sede deste Consello Regulador.

Publicidade
A Xunta destinará 8 millóns no período 2015-2018 en axudas ao sector víticola

A conselleira na sede do CRDO Valdeorras

A Xunta destinará para o período 2015-2018 un montante de 8 millóns de euros en axudas a investimentos para elaboración e comercialización de produtos vitícolas. Así o sinalou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita a dúas cooperativas vitícolas pertencentes á Denominación de Orixe Valdeorras e á sede deste Consello Regulador.

Estas subvencións van dirixidas a operacións de elaboración, control de calidade e comercialización en puntos de venda directa na adega e fóra dela, así como a plataformas para o desenvolvemento de comercio electrónico.

Rosa Quintana destacou o prestixio e recoñecemento dos viños galegos de calidade, á vez que manifestou o apoio do Goberno galego pola defensa do viñedo como eixo de futuro do sector primario de Galicia, “especialmente agora que se está asentando como unha actividade plenamente profesional e non só de subsistencia ou apoio a outras rendas”. “Un exemplo desta profesionalización, – engadiu -, é o turismo enolóxico, que nos últimos anos se asentou como unha opción perfecta para escapadas curtas aptas para todo tipo de público”.

Precisamente as dúas adegas que visitou hoxe Rosa Quintana, Bodega Cooperativa Jesús Nazareno e Bodega Cooperativa Virxe das Viñas, pertendentes á DO Valdeorras, foron receptoras destas axudas, que para este exercicio 2015 teñen un orzamento de 2,7 millóns de euros.

Record histórico de viño cualificado na DO Valdeorras

Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat, fixo públicos durante a visita da conselleira os datos do viño cualificado na campaña 2014-2015. A 31 de xullo de 2015 o conselo cualificou 745.881 botellas máis que na anterior campaña, “un 17% máis e por primeira vez cualificouse máis viño branco que tinto”, explicou José Vicente Solarat.

Na campaña 2013-2014 cualificáronse 4.525.227 botellas e na 2014-2015 foron 5.271.108 botellas (2.111.941 litros de branco e 1.841.390 litros de tinto). Solarat aproveitou a visita da conselleira para solicitarlle unha axuda para a modificación do sistema informático da vendima: “A mellora do sistema permitiría facilitar o proceso aos vedores, bodegueiros e viticultores e contar cos datos actualizados en tempo real para a vendima 2016”, declarou o presidente do Conselo Regulador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información