A saraiba provoca perdas duns 900.000 quilos de uva na Ribeira Sacra

Asaja pide a declaración de zona catastrófica para a parroquia de Doade (Sober), a máis afectada pola treboada, que afectou sobre todo á subzona de Amandi

Publicidade
A saraiba provoca perdas duns 900.000 quilos de uva na Ribeira Sacra

Viñedos afectados pola treboada de saraiba. / Imaxe: Asaja.

A subzona de Amandi, na Ribeira Sacra, viuse moi afectada por unha treboada de saraiba e fortes ventos que causou perdas dunhas 900.000 toneladas de uva, segundo as estimacións da organización agraria Asaja. Os danos concentráronse na parroquia de Doade (Sober), onde só nas súas 120 hectáreas de viñedo, distribuidas nunhas 1.250 parcelas, puideron quedar danados uns 400.000 quilos de uvas na treboada do pasado domingo.

Ante esta situación, Asaja vén de pedir a declaración de zona catastrófica para a parroquia de Doade. A organización valora que non hai que ter en conta só os danos directos para a vendima, senón os danos nas plantas, que poden ter repercusións de cara a vindeiros anos.

“Varios adegueiros da zona lamentaron os prexuízos que sufrirán ó ter que reducir notablemente a súa producción de botellas de viño este ano. Unha redución que, case con total seguridade, provocará unha importante perda da cota de mercado”, valoran desde Asaja.

Viña con danos.

Viña con danos.

Visita da conselleira
A organización agraria pide tamén que as autoridades reparen o antes posible os camiños de acceso ás viñas, que quedaron “practicamente intransitables”. Asaja, por último, solicítalle ás administracións públicas que estudien unha batería de medidas que poida axudar ós viticultores e ás adegas a combatir as perdas sufridas. Entre outras actuacións, poderíanse ofertar creditos subvencionados e axudas a fondo perdido, valoran en nota de prensa.

Para esta tarde, está prevista unha visita da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, ós viñedos afectados pola saraiba do domingo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información