A EVEGA organiza un taller práctico sobre defectos do viño

A data de inscrición remata o día 2 de xuño de 2015 ou cando as prazas estean cubertas.

Publicidade
A EVEGA organiza un taller práctico sobre defectos do viño

O vindeiro xoves 4 de xuño a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organiza un taller práctico sobre os defectos do viño, en colaboración con Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e o Concello de Verín.

Neste taller práctico os asistentes poderán coñecer o mecanismo fisiolóxico da cata, as moléculas responsables dos defectos máis comúns dos viños, a súa orixe e os mecanismos de aparición. Así mesmo aprenderán a detectar o limiar de percepción de cada defecto; estudar o comportamento dos viños fronte aos mesmos; memorizar os defectos máis comúns nos viños así como coñecer a súa prevención e/ou eliminación.

Este taller está dirixido principalmente aos paneis de cata dos consellos reguladores das denominacións de orixe dos viños galegos, enólogos e sumilleres cun total de 40 prazas.

De non se cubrir as prazas abrirase a inscrición a técnicos de adegas, investigadores, adegueiros, viticultores, estudantes e público en xeral.

A data de inscrición remata o día 2 de xuño de 2015 ou cando as prazas estean cubertas.

Para máis información: http://evega.xunta.gal/

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información