A DO Ribeiro incrementa a súa cota de mercado en Puerto Rico

Tras o programa de desenvolvemento de negocio levado a cabo en tres accións promocionais, cinco adegas da Denominación de Orixe conseguen exportar á illa, porta de entrada aos Estados Unidos de América e o Caribe

Publicidade
A DO Ribeiro incrementa a súa cota de mercado en Puerto Rico

Misión comercial da DO Ribeiro.

D.O. Ribeiro remata o desenvolvemento da súa terceira acción directa en Puerto Rico cuns resultados “moi satisfactorios” tanto por parte do C.R.D.O. Ribeiro como das adegas participantes no plan Puerto Rico 2014-2015. A D.O. máis antiga de Galicia, continuou co seu programa de desenvolvemento de negocio en Puerto Rico, para dar a coñecer a diversidade, tipicidade, calidade e excelencia dos seus viños, tanto brancos, tintos ou tostados.

Este proxecto comezou en 2014, da man da Cámara Oficial de Comercio de España en Puerto Rico, e co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), e xa se realizaron accións nos meses de outubro e xaneiro. Nesta terceira misión, as accións estaban enfocadas cara ao sector trade e HORECA, contando con adegas xa inseridas (Adega Alanís, Casal de Armán, Terreo Viñoa,Ramón do Casar e Viña Costeira) e indo da man dos seus recentes importadores.

As adegas do Ribeiro decidiron presentarse neste país agrupadas polo Consello Regulador, para darse a coñecer nun mercado estratéxico a nivel internacional, e de gran cultura e esixencia no consumo de viño.

Boa acollida dos viños do Ribeiro

Froito da involucración da D.O. Ribeiro con Puerto Rico, o Consello Regulador considerou oportuno colaborar activamente con Juntepara a Boa Música, un evento solidario Prol Fondos Auxilio Centro de Cancro apoiando ao Hospital Español Auxilio Mutuo, e no que os viños D.O. Ribeiro foron a bebida exclusiva da noite. Neste evento, recoñecidos cantantes portorriqueños, achegaron as súas voces xunto á Big Band de Humberto Ramírez, puxeron a un teatro con 500 persoas totalmente entregadas e encantadas coa calidade do viño.

Segundo expresa o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, D.Miguel Ángel Viso Diéguez, sentímonos en familia en Puerto Rico, pola grande acollida recibida ás nosas adegas, e ao Consello Regulador; é unha auténtica satisfacción ver o éxito dos nosos viños nun mercado tan culto e esixente, no que se refire ao consumo de viño branco, xa sexan tomados sós, como aperitivo, ou harmonizado con alimentos, gastronomía a de Puerto Rico que é acompañada á perfección cos viños do Ribeiro”.

Misión inversa importadores

O plan Puerto Rico 2014-2015, rematará a próxima semana, coa visita de varios importadores ás adegas coas que terán relacións comerciais. A cuarta acción desenvolverase na D.O. Ribeiro, onde os importadores aproveitarán para coñecer de primeira man as xentes, historia, cultura, as paisaxes e o bo saber-facer das adegas que coñeceron, e cuxos viños van traballar no seu mercado.

O xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Roberto Goñi Petit, apunta que “a misión inversa é un factor importante; que os importadores veñan ao terreo, a ver, sentir e ulir o Ribeiro, así vivirán en primeira persoa e comprenderán a historia e cultura vitivinícola de aquí e que nos diferencia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información