A denominación Ribeira Sacra incrementa nun 10% as súas vendas por primeira vez dende que comezou a crise

"O lóxico é que este ano nos vaiamos ata os 6 millóns de quilos, sempre que o ano veña ben e haxa dispoñibilidade de colleita", asegura o presidente da DO Ribeira Sacra.

Publicidade
A denominación Ribeira Sacra incrementa nun 10% as súas vendas por primeira vez dende que comezou a crise

Viñas na Ribeira Sacra.

O presidente do consello regulador Ribeira Sacra,José Manuel Rodríguez, confirmou que, por primeira vez “dende que comezou a crise”, as vendas teñen repuntado na denominación de orixe, dado que no primeiro trimestre do presente ano a comercialización de viño por parte das adegas inscritas no rexistro oficial subiu en torno a un 10%.

“Están a volver aumentar as vendas, volvemos a repuntar e o certo é que é unha boa noticia volver crecer, despois duns anos nos que estaban estabilizadas e, afortunadamente, fomos capaces de manter a estrutura”, dixo José Manuel Rodríguez.

Prevese que este ano a colleita suba ata os 6 millóns de quilos

O presidente do consello regulador afirmou que se trata de “unha moi boa noticia”, despois de catro anos nos que as vendas en conxunto das adegas inscritas no rexistro do órgano reitor non conseguiran repuntar, aínda que se mantiveran estables, sen padecer un derrubamento demasiado acusado.

A cifra de vendas nos últimos anos situouse en torno á produción obtida con colleitas duns 5 millóns de quilos de uva, que equivalen a uns 3,7 millóns de litros de viño, pero nesta ocasión “o lóxico é que nos vaiamos ata os 6 millóns de quilos, sempre que o ano veña ben e haxa dispoñibilidade de colleita”, precisou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información