A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A D.O. Valdeorras intensifica os labores de control da orixe da uva nesta vendima

Publicidade
A D.O. Valdeorras intensifica os labores de control da orixe da uva nesta vendima

Vendima na SAT Godeval, en Valdeorras

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras intensifica nesta vendima os labores de control sobre a orixe do produto amparado con respecto a anos precedentes. Velar polo cumprimento da normativa que rexe a D.O. no que respecta ao cultivo das variedades autorizadas e preferentes na zona e, tamén, durante o seu proceso de transformación na adega é unha das misións fundamentais do Consello Regulador.

Neste sentido, xunto ao equipo técnico do Consello Regulador traballan este ano membros do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense, encargados de realizar labores de ordenación e control da viticultura na comarca. Paralelamente, o presidente da D.O. Valdeorras vén de participar recentemente nunha xuntanza na Subdelegación do Goberno en Ourense, na que tamén tomaron parte representantes doutras denominacións de orixe vinícolas da provincia e na que se acordou intensificar os controis que eviten a entrada de uvas non autóctonas nos territorios amparados. Neste sentido, estase a contar coa plena colaboración dos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Xunto a isto, Francisco García, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, sinala que se están a estudar liñas de colaboración con diversas universidades españolas para determinar parámetros analíticos que axuden a garantir a orixe do produto amparado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información