A D.O. Monterrei suma dúas novas adegas

Publicidade
A D.O. Monterrei suma dúas novas adegas

O Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei reuniuse nas últimas horas nas instalacións do organismo, en Verín, para valorar a certificación de dúas novas adegas da comarca. Unha vez o Comité constatou que estas superaron todos os requisitos necesarios, as adegas Rubén Delgado López (situada no municipio de Oímbra) e Alba Al-bar (emprazada na localidade de Queizás, no municipio de Verín) pasan a certificar a súa produción de viño branco baixo o selo de calidade da Denominación de Orixe Monterrei.

Esta certificación posibilitará que ambas as adegas utilicen na etiquetaxe das súas botellas as tirillas distintivas da D.O. Con estas dúas incorporacións, son xa 23 as adegas certificadas pola Denominación de Orixe Monterrei, que abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Ríos, Oimbra e Castrelo do Val, e 25 as adegas inscritas no organismo.

Hectáreas e viticultores

Os viñedos de Monterrei ocupan máis de 530 hectáreas de territorio, nas que traballan preto de 450 viticultores. Ademais, a D.O de Monterrei é unha das entidades acreditadas no noso país por ENAC para a certificación de viños protexidos.

Tras a reunión de valoración de onte, os membros do Comité de Certificación realizaron unha visita guiada por diferentes adegas e viñedos da comarca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información