A Consellería advirte de que non haberá prórroga para pasar a ITEAF

Publicidade
A Consellería advirte de que non haberá prórroga para pasar a ITEAF

A Consellería do Medio Rural confía en que antes do 26 de novembro un total de 10.477 equipos de aplicación de produtos fitosanitarios pasen a inspección técnica (ITEAF), en cumprimento da directiva europea sobre uso sustentable dos praguicidas.

Así o asegurou este martes a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, na súa comparecencia na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia. Docampo respondía a unha pregunta do portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), Antón Sánchez, quen recriminou á Consellería a falta de iniciativa e dunha campaña informativa sobre as ITEAF “para evitar que se repita o dos carnets de fitosanitarios”.

Na súa resposta, Belén do Campo informou de que “neste momento hai 13 empresas autorizadas en Galicia para prestar este servizo de inspeccións, das que tres son galegas, e en breve autorizaremos a unha cuarta con sede en Palas de Rei”. En relación ao cumprimento dos prazos, a responsable da Consellería do Medio Rural confiou en que “co incremento das empresas autorizadas para realizar a ITEAF, teremos 6 meses de traballo duro por diante nos que esperamos que se poda cumprir o prazo”.

Non obstante, Belén do Campo recoñeceu que a Xunta lle solicitou, canda outras Comunidades, unha prórroga ao Ministerio de Agricultura para máis alá do 26 de novembro, “pero o Ministerio alegou que se trata cumprimento dunha normativa europea, polo que se denegou prorrogar o prazo”.

Non se concreta se haberá sancións en caso de non pasar a ITEAF

Polo demais, a directora xeral de Gandaría anunciou que a Consellería distribuirá nas Oficinas Agrarias Comarcais (OAC) un folleto informativo sobre a ITEAF.

Pola súa parte, Antón Sánchez botou en falta que a directora xeral non informase de se vai haber sancións para os agricultores que non podan pasar a ITEAF dos seus equipos antes do 26 de novembro. Asemade, o portavoz de AGE advertiu de que “a día de hoxe Galicia está por debaixo da media do Estado na realización da ITEAF, con moitas inspeccións que resultan desfavorables e con grandes diferenzas de prezos”. Un extremo, este último, que recoñeceu a directora xeral de Gandería, quen informou de que “os prezos mínimos varían entre os 40 e os 70 euros, segundo a empresa”, algo que, sen embargo, considerou positivo xa que “o agricultor ten onde elixir”.

CADRO_ITEAF_XUÑO_16

Fonte: Magrama

Máis información sobre as ITEAF:

-Como funcionará a inspección de as sulfatadoras?

-Consellos para pasar á primeira a inspección de equipos fitosanitarios

-O prezo medio para pasar a ITEAF rolda os 100 euros por cada equipo fitosanitario

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información