9 viños galegos logran medalla de ouro no maior certame do viño de Francia

9 viños galegos logran medalla de ouro no maior certame do viño de Francia

Cata de viños no Challenge International du Vin 2017 en Bordeus

Este luns, 1 de xaneiro,deuse a coñecer a listaxe de premiados no Challenge International du Vin, o maior certame internacional de viño dos que se organizan en Francia.

En total, os viños de España alzáronse con 110 distincións de ouro, 57 de prata e 22 de ouro. Galicia destacou este ano con 13 distincións: 9 de ouro, dúas de prata e outras dúas de bronce.

Viños galegos premiados:

Ouro:

-Gran Alanís 2016. Denominación de Orixe Ribeiro. Viño Branco. Adegas Gran Alanís.

-As Laxas 2016. Viño branco da DO. Rías Baixas. Adegas As Laxas.

-Guitián fermentado en barrica 2014. DO. Valdeorras. Viño Branco. Adega A Tapada.

-Just B 2015. DO. Rías Baixas. Viño branco. Adega de María Belén Varela Gestoso, Cambados

-Finca Garabelos 2015. Viño branco do D.O. Rías Baixas. Bodega Notas Frutales de Albariño SL (Crecente)

-Ramón do Casar 2016. Viño branco do D.O. Ribeiro. Adega Ramón do Casar.

-Linar de Vides Albariño 2015. Viño branco da DO. Rías Baixas. Adega Señorío de Rubiós SL (As Neves )

-Valtea 2016. Viño branco do D.O. Rías Baixas. Adega Vilarvin SL, (Crecente)

-Espumoso Valtea Cuvee Especial 1a5. Viño espumoso amparado pola D.O. Rías Baixas. Adega Vilarvin SL

Prata:

-Contrapunto Albariño 2016. Viño branco da D.O. Rías Baixas. Adega Agro de Bazán SA (Vilanova de Arousa).

-Feitizo da Noite 2015. Viño espumoso branco da D.O. Rías Baixas. Adegas Pablo Padín, SL. (Meaño).

Bronce:

-Aqvitania 2016. Viño branco da D.O. Rías Baixas. Adegas Aquitania SL Cambados

-Porta da Ría 2016. Viño branco da D.O. Rías Baixas. Adega Reitoral do Umia

Consulta aquí a listaxe completa de viños premiados

Un concurso de prestixio internacional

Cada ano na primavera, durante dous días, máis de 5000 viños procedentes de 37 países son degustados en Bordeus – Francia por preto de 700 profesionais e consumidores afeccionados no Challenge International du Vin,  o máis antigo dos grandes concursos de viños internacionais.

Tamén é o maior concurso internacional de viño organizado en Francia e con certificación ISO 9001 versión 2008. Esta certificación inscríbese nunha xestión cualitativa desde hai moito tempo e certifica a seriedade e a tecnicidade da organización.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información