45 viños galegos premiados no concurso máis prestixioso de España

Publicidade
45 viños galegos premiados no concurso máis prestixioso de España

Os viños galegos lograron un total de 45 galardóns no Concurso Internacional de Viños Bacchus 2018 cuxos premios se acaban de entregar nunha gala celebrada en Madrid. Galicia incrementa así o recoñecemento dos seus viños, logrando unha distinción máis que na edición do pasado ano.

A Denominación de Orixe Rías Baixas obtén uns bos resultados con 24 viños galardoados. Das 71 marcas de Rías Baixas presentadas a este destacado certame vinícola, un total de 8 viños de 8 adegas foron galardoados co Bacchus de Ouro, e 16 co Bacchus de Prata.

Do conxunto de premios, dezaoito recaeron en viños da anada 2017, catro na de 2016, un na de 2015 e outro na de 2012. Rías Baixas mantense así como a denominación de orixe galega con máis medallas nesta edición do concurso, promovido pola Unión Española de Catadores (UEC).

Séguelle a Denominación de Orixe Ribeiro, con 11 galardóns (3 de ouro e 8 de prata), Valdeorras con 6 premios (4 de ouro e 2 de prata), Monterrei con 3 Bacchus de Prata e a Denominación de Orixe Ribeira Sacra reciben outro galardón de prata.

Lista completa dos viños premiados

Velaquí os viños galegos galardoados nos Bacchus 2018:

Bacchus de Ouro:

Rías Baixas:

-BODEGAS AS LAXAS S.A. LAXAS RIAS BAIXAS 2017
-BODEGAS PAZO DE VILLAREI PAZO DE VILLAREI RIAS BAIXAS 2017 -BODEGAS TERRAS GAUDA S.A. ABADIA DE SAN CAMPIO RIAS BAIXAS 2017 -BODEGAS Y VIÑEDOS VEIGA DA PRINCESA S.L. PAZO DOS CELTAS RIAS BAIXAS 2017
-DOLORES FONTÁN LIMERES LAGAR DE COSTA RIAS BAIXAS 2017
-NOTAS FRUTALES ALBARIÑO S.L.U. FINCA GARABELOS RIAS BAIXAS 2016 -TIERRA TRABAJO Y TRADICIÓN 3T S.A.T ALBARIÑO 3T RIAS BAIXAS 2017 -VINOS & BODEGAS GALLEGAS S.A.U SENTIDIÑO ALBARIÑO RIAS BAIXAS

Ribeiro:
-BODEGAS NAIROA S.L. VAL DE NAIROA RIBEIRO 2016
-FRANCISCO GARCÍA PEREZ ADEGA DO MOUCHO RIBEIRO 2015
-RAMÓN DO CASAR S.L. RAMÓN DO CASAR TREIXADURA RIBEIRO

Valdeorras:
-BODEGAS LA TAPADA S.A.T. GUITIAN FERMENTADO EN BARRICA VALDEORRAS 2015
-MARIA TERESA NUÑEZ VEGA BIOCA GODELLO VALDEORRAS 2017
-O LUAR DO SIL O LUAR DO SIL GODELLO SOBRE LÍAS VALDEORRAS 2015 -PABLO VIDAL RODRÍGUEZ MALDITO VALDEORRAS

Bacchus de prata:

Monterrei
-BODEGAS LADAIRO S.L. LADAIRO GODELLO TREIXADURA MONTERREI 2017 -BODEGAS MARTÍN CODAX S.A.U. APERTAS MONTERREI 2017
-GARGALO S.L. GARGALO “TREIXADURA & ALBARIÑO” MONTERREI

Rías Baixas:
-ADEGA CONDES DE ALBAREI S.A.U. SALNEVAL RIAS BAIXAS 2017
-ADEGAS GRAN VINUM S.L. ESENCIA DIVIÑA RIAS BAIXAS 2017
-ADEGAS LAUREATUS S.L. LAUREATUS RIAS BAIXAS 2017
-ADEGAS TOLLODOURO S.A. TOLLODOURO RIAS BAIXAS 2017
-BEIRA ARAL S.L. ARAVO RIAS BAIXAS 2016
-BODEGA REMESAL S.L. REMESAL PEDRA BLANCA
-RIAS BAIXAS 2017 BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. SEÑOR DA FOLLA VERDE
-RIAS BAIXAS 2016 BODEGAS MARTÍN CODAX S.A.U. CEO ALBARIÑO RIAS BAIXAS 2017
-BODEGAS MARTÍN CODAX S.A.U. BICOS RIAS BAIXAS 2017
-ENOTURISMO ACHA SL DAVIDE TRADICIÓN RIAS BAIXAS 2016
-MAIOR DE MENDOZA S.L. MAIOR DE MENDOZA 3 CRIANZAS RIAS BAIXAS 2012
-MAR DE FRADES S.L. FINCA VALIÑAS RIAS BAIXAS 2015
-PACO & LOLA ADEGA E VIÑEDOS PACO & LOLA RIAS BAIXAS
-2017 RECTORAL DO UMIA SAU PORTA DA RÍA RIAS BAIXAS 2017
-VILARVIN S.L. VALTEA RIAS BAIXAS 2017
-VIÑAS E ADEGAS GALEGAS S.L.U. O DEUS DIONISOS RIAS BAIXAS 2017

Ribeira Sacra:
-BODEGAS REGINA VIARUM S.L. REGINA EXPRESIÓN RIBEIRA SACRA 2014

Ribeiro:
-BODEGA Y VIÑEDOS PAZO DE CASANOVA S.L. PAZO CASANOVA RIBEIRO 2016
-BODEGA Y VIÑEDOS PAZO DE CASANOVA S.L. CASANOVA RIBEIRO 2016 -BODEGAS CAMPANTE S.A. COTO DE IBEDO RIBEIRO 2016
-FINCA VIÑOA S.L. FINCA VIÑOA RIBEIRO 2016
-HAMMEKEN CELLARS SL GOTAS DE MAR GODELLO RIBEIRO 2016
-PABLO VIDAL RODRÍGUEZ RENACIDO RIBEIRO 2015
-PRIORATO DE RAZAMONDE S.L. ALTER RIBEIRO 2017
-VIÑA COSTEIRA VIÑA COSTEIRA RIBEIRO RIBEIRO

Valdeorras:
-BODEGAS SAMPAYOLO S.L. SAMPAYOLO GODELLO SOBRE LIAS VALDEORRAS 2016
-GUITIAN Y BLANCO S.C. (BODEGAS D’BERNA) D’BERNA GODELLO VALDEORRAS

O maior certame vitivinícola de España

Xurado dos premios Bacchus

Xurado dos premios Bacchus

O Concurso Internacional de Viños Bacchus está considerado como o maior certame vitivinícola do país. A esta décimo quinta edición presentáronse un total de 1.735 viños referencias procedentes de 21 países. Concretamente, un total de 80 indicacións xeográficas de calidade da España vinícola, con 61 Denominacións de Orixe incluídas, participaron nesta edición. Os cinco continentes estiveron representados coas mostras participantes de países como Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Chile, Eslovaquia, Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Hungría, Italia, México, Perú, Portugal, Principado de Andorra, República Checa, Romanía, Tunes, Turquía, e Uruguai,

As mostras foron avaliadas por un xurado composto por 85 catadores que se deron cita entre o pasados día 8 e 12 de marzo no Casino de Madrid. Un xurado de primeiro nivel mundial liderados por doce Masters of Wine (John Salvi, Sarah Jane Evans, Pedro Ballesteros, Matthew Forster, Madeleine Stenwreth, Aina Mee, Almudena Alberca, Andreas Kubach, David Forer, Fernando Mora, Jonas Tofterup, Marcia Waters, Natasha Hughes) aos que acompañaron o Master Sommelier Eric Zwiebel, responsables de compras dalgunhas dos máis importantes importadores e cadeas de distribución internacional (Marks & Spencer, Makros), de importadoras como Heyday Wines ou The Oxford Wine Company) así como directores de prestixiosos concursos como Challenge International du Vin, Decanter Wine Awards, Concours deas Grands Vins Blancs du Monde, Mundus Vini, xornalistas especializados e representantes das principais institucións vitivinícolas a nivel mundial.

Promovido pola Unión Española de Catadores (UEC), este importante certame internacional está auspiciado pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV), ademais de contar co aval da Unión Internacional de Enólogos (UIOE), da Federación Mundial de Grandes Concursos de Viños e Espirituosos (VINOFED) e contar co recoñecemento oficial do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MAGRAMA).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información