3 adegas galegas entre as 100 mellores do mundo para a revista americana Wine&Spirits

Publicidade
3 adegas galegas entre as 100 mellores do mundo para a revista americana Wine&Spirits

Tres adegas galegas acaban de ser elixidas entre as 100 mellores do mundo no ranking que publica anualmente a prestixiosa publicación norteamericana Wine & Spirits Magazine. Unha mención especialmente significativa se temos en conta que a revista só seleccionou 9 en España, tres delas galegas, o que demostra o gran recoñecemento que os viños galegos están a obter nun mercado de tanto peso como o estadounidense. Mesmo se podería ampliar a unha cuarta, xa que Raúl Pérez, o prestixioso adegueiro berciano, tamén elabora viños no D.O. Ribeira Sacra, con viños como Castro Candaz ou Lamaga.

O tres adegas galegas distinguidas por Wine & Spirits Magazine son Palacio de Fefiñanes, un clásico da Denominación de Orixe Rías Baixas, con viños como Albariño de Fefiñanes ou Armas de Lanzós; Forjas del Salnés, tamén da mesma DO, unha adega recente e de espírito rompedor que apostou por elaborar tintos de calidade, e que ten no mercado marcas como Leirana, Leirana Finca Genoveva, Bastión de la Luna ou Goliardo.

A terceira adega galega distinguida é a de Luís Anxo Rodríguez Vázquez, un referente na Denominación de Orixe Ribeiro, que apostou por elaborar viños moi diferenciados, de parcela, e con producións limitadas. Entre os seus viños atópanse A Torna dos Pasás, Eidos Ermos, A Teixa ou Viña de Martín.

As outras 6 adegas españolas distinguidas por Wine & Spirits no Top 100 mundial son Comando G,,  R. López de Heredia , Raúl Pérez, Terroir al Limit , Scala Dei e Vega-Sicilia

Entrega de premios

O próximo 9 de outubro celebrarase a Cata Especial en San Francisco, a 15ª Top 100 Tasting, na que se honrará ás 100 mellores adegas do ano. Un evento no que se darán cita profesionais do sector de todo o mundo que poderán degustar estes viños galegos.

A inclusión este ranking das adegas galegas prodúcese despois de que os editores e panelistas de Wine & Spirits avaliasen máis de 15.500 elaboracións de adegas de todo o mundo, a maior cifra catada no quince anos en que leva elaborando este ranking.

Consulta aquí o Top 100 mundial de adegas

Una idea sobre “3 adegas galegas entre as 100 mellores do mundo para a revista americana Wine&Spirits

  1. RdM

    Raúl Pérez xa é o enólogo de Forjas del Salnés. E os nomes non se traducen: Vega-Sicilia. Polo demáis, e pese á discutible obxetividade destas mencións, noraboa ós agraciados.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información