15 medallas de ouro para os viños galegos no concurso internacional Mundus Vini

15 medallas de ouro para os viños galegos no concurso internacional Mundus Vini

A Coroa, un viño da DO Valdeorras premiado cunha medalla de ouro

Os viños galegos lograron 15 medallas de ouro e 4 de prata en Mundus Vini, o prestixioso concurso internacional celebrado esta semana en Alemaña. Preto de 260 expertos de 50 países puideron degustar os mellores viños de entre os 7.220 presentados a concurso, procedentes de máis de 150 rexións vitícolas do mundo.

O obxectivo do certame é fomentar a calidade e promover a comercialización dos viños presentados. Para os consumidores de viño supón unha valiosa orientación e para os produtores, o recoñecemento ao seu labor e esforzo. Desde 2014 Mundus Vini celébrase dúas veces ao ano: con motivo das feiras de outono e ao final da tempada comercial anual, como cata de verán.

Os viños gañadores da cata de primavera de MUNDUS VINI presentaranse ao público especializado na Feira do viño máis grande do mundo, a ProWein de Düsseldorf, do 17 ao 19 de marzo de 2019, na área de degustación de MUNDUS VINI.

Viños galegos premiados en Mundus Vini na cata de primavera de 2019:

OURO:

-2017 Terre III Milenium Cunqueiro. BODEGAS CUNQUEIRO, S.L., PRADO DE MIÑO – CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)

-2018 A Coroa DO Valdeorras. ADEGA A COROA S.A.T., A RÚA

-2015 Granbazán Don Álvaro de Bazán. AGRO DE BAZÁN S.A., VILANOVA DE AROUSA (PONTEVEDRA)

-2017 Granbazán Etiqueta Ámbar. AGRO DE BAZÁN S.A., VILANOVA DE AROUSA (PONTEVEDRA)

-2018 Serra da Estrela. Adegas Valmiñor SL, O Rosal (Pontevedra) (Spain)

-2018 Eidosela DO Rias Baixas. BODEGAS EIDOSELA, S.C.G., Arbo (Spain)

-2018 Altos de Torona Albariño DO Rías Baixas. BODEGAS ALTOS DE TORONA, TOMIÑO. HGA BODEGAS Y VIÑEDOS DE ALTURA, MOS

-2018 Pazo de Villarei Rias Baixas. BODEGAS PAZO DE VILLAREI, Vigo (Spanien). HGA BODEGAS Y VIÑEDOS DE ALTURA, MOS (Spain)

-2018 Albarino Laxas DO Rias Baixas. BODEGAS AS LAXAS S.A., ARBO (Spain)

-2018 DO Rias Baixas. Familia Chavarri, Vitoria (Spain)

-2017 Albarino Rias Baixas DO Finca Garabelos. Notas Frutales de Albariño S.L.U., Crecente (Spain)

-2018 Rectoral do Umia Albariño DO Rías Baixas. Rectoral do Umia S.A.U., Ribadumia (Pontevedra) Bodegas Milenium S.L., Ourense

-2018 Miudiño Albariño DO Rías Baixas. Rectoral do Umia S.A.U., Ribadumia (Pontevedra) (Spanien). Bodegas Milenium S.L., Ourense

2018 Porta da Ría Albariño DO Rías Baixas. Rectoral do Umia S.A.U., Ribadumia (Pontevedra) (Spanien) Bodegas Milenium S.L., Ourense (Spain)

-2018 Bodegas Terras Gauda Abadia de Sam Campio Albariño. Best of Show Rías Baixas. Bodegas Terras Gauda SA, O Rosal (Spain)

PRATA:

-2018 Rectoral de Amandi DO Ribeira Sacra. Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U., Lugo (Spanien) Bodegas Milenium S.L., Ourense (Spain)

-2018 Gran Alanís D.O. Ribeiro. Bodega Alanís S.L.U., Cenlle (Ourense) (Spanien) Bodegas Milenium S.L., Ourense (Spain)

-2017 Albarino Rías Baixas DO La Trucha. Notas Frutales de Albariño S.L.U., Crecente (Spain)

-2018 Lembranzas Albariño DO Rías Baixas. Rectoral do Umia S.A.U., Ribadumia (Pontevedra) (Spanien) Bodegas Milenium S.L., Ourense (Spain)

Mira aquí os resultados completos de Mundus Vini 2019

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información