Unha marcha de Ferrol a Bilbao para chamar a atención sobre a praga da avespa asiática

Unha marcha de Ferrol a Bilbao para chamar a atención sobre a praga da avespa asiática

Paula Souto informa sobre a marcha Stop Velutina na Mostra Galega de Apicultura

A Asociación Galega de Apicultura (Aga) organiza para o mes de outubro unha marcha en tren dende Ferrol ata Bilbao para chamar a atención sobre os danos que está a provocar a Vespa Velutina e demandarlle ás administracións que se impliquen para loitar contra esta especie invasora.

O programa da marcha Stop Velutina foi avanzado na última Mostra Galega de Apicultura que se ven de celebrar en Arzúa. Paula Souto, técnica de Aga, adiantou que a marcha partirá de Ferrol o día 19 de outubro e irá percorrendo no tren Feve a Cornixa Cantábrica, a zona da Península máis afectada pola Vespa Velutina, ata chegar a Bilbao o día 23. Poderán participar tanto apicultores socios de Aga como non socios, así como persoas sensibilizadas coa problemática da Vespa Velutina.

Durante a marcha faranse actos informativos coa poboación e colectivos locais e unha gran concentración final en Torrelavega, coincidindo coa Feira Nacional Apícola. A viaxe incluirá tamén visitas apícolas e turísticas, para coñecer os lugares polos que pasará e compartir experiencias e coñecementos sobre apicultura e a loita contra a velutina.

Programa da viaxe

O programa xeral da viaxe, no que todavía quedan algunhas visitas por confirmar, é o seguinte:

Día 19/10 Ferrol – Luarca – Xixón
Concentración Stop Velutina en Luarca e visita ó Parque da Vida con Luis Laria, presidente do CEPESMA e experto en Vespa velutina. Chegada a Xixón pola noite.

Día 20/10 Xixón – Santander
Concentración Stop Velutina en Xixon e visita ó Xardín Botánico, encontro con apicultores/as de ADAPAS. Chegada a Santander pola tarde.

Dia 21/10 Torrelavega
Gran concentración Stop Velutina e asistencia á Feira Nacional Apícola.

Día 22/10 Santander – Bilbao
Concentración Stop Velutina en Bilbao e visita organizada por BAMEPE, Asociación Apicultores de Bizcaia.

Día 23/10 Bilbao – Ferrol
Regreso a Ferrol en autobús

Prezo orientativo

O prezo estará entre 300 a 350 € (inclúe aloxamento en media pensión, viaxe ida e volta e visitas apícolas) pero está todavía sen confirmar xa que dependerá do número de persoas e do tipo de tren que se poda alugar. En canto se teña o nº de pasaxeiros Aga comunicará o prezo definitivo.

Como participar?

Poñerse en contacto con AGA por email info@apiculturagalega.es ou teléfono 981 508 142 indicando o nome completo, NIF, teléfono e email. Pódense anotar tamén acompañantes aínda que non sexan socios ou socias.
Antes do 15 de xullo ingresar 100 € para facer a reserva, no nº de conta de AGA ES02 2080 0348 3830 0001 8210 en ABANCA e enviar o xustificante a AGA por email.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información