A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Poxa de gando Frisón de elite os días 6 e 7 de maio en Curtis

Poxa de gando Frisón de elite os días 6 e 7 de maio en Curtis

O Concello de Curtis e a empresa Embriomarket organizan o fin de semana do 6 e 7 de maio unha Poxa de Elite de Gando Frisón.

Desde Embriomarket destacan que “convidámosvos a un fin de semana onde poderedes admirar e adquirir animais destacados das mellores familias Holstein: Fools Gold Rede, Starbuck Ada, Megate, Secret, Baler Twine, …”.

O sábado 06 de maio os animais permanecerán en exposición e o domingo 07 de maio comezará a poxa ás 11:30 horas. Nos próximos días a empresa organizadora informará dos animais admitidos a poxa.

Así mesmo, desde Embriomarket informan de que están a disposición das persoas interesadas en asistir para ofrecerlles sobre xestión de voos, hoteis e demais información que precisen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *