Este sábado celébrase o III Foro Apícola de Galicia

Será en Arzúa, no local da Asociación de Veciños Santa María. Está organizado pola Asociación Galega de Apicultura

Este sábado celébrase o III Foro Apícola de Galicia

Reunión de abelleiros.

Este sábado, 6 de xuño, celébrase en Arzúa o III FORO APÍCOLA, que acollerá a 30ª Mostra Galega de Apicultura. O foro está organizado pola Asociación Galega de Apicultura, que celebrará o seu 35º aniversario e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel. Durante o Foro trataranse os temas máis actuais da apicultura galega e presentaranse as últimas innovacións.

PROGRAMA:

10:00 h Apertura instalacións

10:30 h Presentación da colmea sintética de Anel e os seus beneficios na apicultura moderna. Eleftherios Pantelakis. Anel, Grecia

11.00 h BeeTracker : Sistema antirroubo e monitorización de colmeas. Lepton-Vodafone

11:30 h Amicel Varroa, novo tratamento veterinario para combater a varroa. F.J. Orantes. Laboratorios Apinevada, Granada

12:00 h Aethina tumida, novo inimigo das abellas. Antonio G. Pajuelo. A.G. Pajuelo, Consultores Apícolas, Castellón Conferencia patrocinada por Santamix-Ibérica

12:30 h Uso do própoleo na agricultura ecolóxica e viticultura Mercedes Martínez Modroño. Ourense

13:00 h Asemblea de Erica Mel

14:00 h Xantar de irmandade apícola (no campo da festa de Santa María)

17:00 h O patrimonio apícola cereiro en Galicia Damián Copena e Diego Copena. Investigadores da UVI

17.30 h Campaña de promoción “A Pinga”, presentación de novidades. Isabel Sanjurjo. Canal de Comunicación

17:45 h Apiturismo e viaxe a Eslovenia. Paula Souto, técnica de AGA

18:00 h Como afecta ó mel a nova normativa de etiquetado Silvia Cañas. Enx. Téc. Agrónomo e editora de Apicultura Ibérica, Barcelona

18:15 h Control de V. Velutina. Presentación de trampas de Vetofarma; Santamix Ibérica. Olores que atraen a V. Velutina: potencial uso en trampas; Xesús Feás, investigador da USC; Gonzalo Calvo veterinario de AGA e José Fernández, encargado de AGA no convenio co 112

E no Centro do Queixo e do Mel:

De 17:00 h a 18:15 h Obradoiro de apicosmética

Antonio G. Pajuelo. A.G. Pajuelo, Consultores Apícolas.

Obradoiro patrocinado por Santamix-Ibérica

Máis información en: http://www.apiculturagalega.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información