Comeza o programa de formación da Asociación Galega de Apicultura

Publicidade
Comeza o programa de formación da Asociación Galega de Apicultura

Apicutor traballando na colmea

Coa chegada da primavera, a Asociación Galega de Apicultura (AGA) comeza o seu programa anual de formación, que basicamente consta de 14 cursos de iniciación e outra serie de cursos de especialización, xornadas e outras actividades desenvolvidas polas súas delegacións comarcais (DAGAs).

Cursos de iniciación á apicultura

Cursos teórico-prácticas de 12 horas de duración que terán lugar en diferentes puntos de Galicia en fin de semana. Coa participación no curso entregarase a publicación “Curso de apicultura”. Son gratuítos para socios e socias de AGA e teñen un custo de 50 € para persoas non asociadas.

Cursos de especialización

O programa de formación inclúe 3 cursos de especialización sobre: reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica de mel e pole. Están dirixidos só para socios/as de AGA que teñan formación apícola previa e son de pago.

Outros cursos e xornadas

Haberá tamén un curso de iniciación sobre reprodución apícola para aprender como facer novas colmeas no propio apiario en Carballo e un sobre cosmética apícola en Maceda, no que os participantes levarán unha mostra dos produtos elaborados.

O programa inclúe ademais a celebración das seguintes xornadas : Día da Abella o 20 de maio en Allariz, a 31ª Mostra Galega de Apicultura o 4 de xuño en Arzúa e as Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina os días 1 e 2 setembro en Lugo.

A formación é a base imprescindible para introducirse neste fascinante mundo das abellas. Todas e todos os interesados xa poden inscribirse nestes cursos e actividades.

As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través da web de AGA www.apiculturagalega.org, por email [email protected] ou por teléfono 981 508 142 /981 589 534 / 630 069 637.

Adxúntase o calendario dos cursos, con información sobre o lugar, datas, horarios e contidos de cada curso.

Programa Stop Vespa Velutina

AGA tamén está apurando o programa STOP VESPA VELUTINA que a asociación está levando a cabo nesta primavera co obxecto de diminuír o número de niños e polo tanto a incidencia desta praga, xa que fundadora capturada niño evitado.

CURSOS_AGA_APICULTURA_2016

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información