Aspectos básicos da reprodución e multiplicación do apiario

Aspectos básicos da reprodución e multiplicación do apiario

Apilarouco impartindo un curso de reprodución de colmeas

A Asociación Galega de Apicultura (Aga) organiza dentro dos seus cursos especializados un sobre reprodución e multiplicación do apiario. Terá lugar os vindeiros 17 e 18 de xuño en Cualedro (Ourense) e Montealegre (Portugal) e será impartido por José Bailón e David Lorenzo, de Apilarouco.

O obxectivo é transmitir ás persoas participantes unha serie de manexos que xunto cos coñecementos teóricos e a práctica permitan mellorar os procesos apícolas e a rendibilidade das colmeas.

Neste sentido, para aquelas persoas interesadas, José Bailón adianta algúns dos contidos que se impartirán:

¿Cal é o momento recomendado para reproducir e/ou multiplicar o apiario?
O momento máis idóneo é co comenzo das primeiras floracións da primavera e cada zona ten as súas propias polas que rexernos. Outra tendencia en alza é facer núcleos tardíos que serían feitos a mediados ou a finais do verán, xa que este período ten varias vantaxes, entre elas unha mellor fecundación das raíñas, favorecida polo clima e sobre todo por dispor de núcleos maduros para o principio de temporada.

¿En que situacións sería recomendable dividir un apiario?
Neste punto temos varios dogmas establecidos de antemán que nos din o que se pode facer e o que non. A realidade é que a necesidade fai o traballo, de forma que cando temos uns prazos que cubrir isto obríganos a ter que traballar baixo condicións metereorolóxicas pouco favorables.

De todos xeitos máis importante que cando dividir é ter calculado o clima que teremos cando saian a fecundarse as raíñas, pois este é o punto critico, xa que cando cumpre a madurez sexual debemos ter un clima idóneo para a súa fecundación.

¿Que indicadores nos informan de que é o momento oportuno para reproducir e ou multiplicar a colmea?
Son moitos os factores a ter en conta pero entre eles o tempo, fortaleza, sanidade, presencia de abázcaros, etc.

O máis importante á hora de realizar a reprodución e multiplicación do apiario é manter o bolo quente, unha alta densidade de poboación por habitáculo, e diminuír ao máximo os prazos na cría da raíña.

As claves para ter éxito neste proceso é ter unha boa formación en materia apícola e “visitar o apiario a tempo e non cando teñamos tempo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información