Alertan de que se destrúe o avespón galego ao confundilo coa avespa asiática

A Agrupación Apícola de Galicia alerta de que se están a destruír moitos niños e raíñas de avespón galego ao confundilo coa vespa asiática, a especie invasora que está a ocasionar importantes perdas aos apicultores galegos.

Alertan de que se destrúe o avespón galego ao confundilo coa avespa asiática

Vespa Crabo, ou avespón galego, na esquerda, e vespa velutina ou asiática, na dereita.

A Agrupación Apícola de Galicia alerta de que se están a destruír moitos niños e raíñas de avespón galego ao confundilo coa vespa asiática, a especie invasora que está a ocasionar importantes perdas aos apicultores galegos.

Os avespóns galegos, cuxo nome científico é Vespa crabro, reciben distintos nomes dependendo da zona da xeografía galega: abábaro, abázcaro, carrizos, etc…

Trátase dunha especie que leva en Galicia moitos anos e que “só ten provocado problemas puntuais aos apicultores nalgunhas zonas de Ourense e Lugo cando, polas condicións de desenvolvemento natural do niño, atacan as colmeas, pero convivían perfectamente apicultores e vespas”, explican dende a Agrupación Apícola de Galicia.

Porén, no pasado ano 2014, como consecuencia da alarma social que se creou debido á Vespa velutina, especia invasora tamén denominada vespa asiática, “a Vespa Crabro foi moitas veces destruía porque a confundían coa vespa asiática”. Unha situación que temen que se repita este ano.

“Elimínase ao inimigo natural da avespa asiática”

Esta confusión supón un problema para os apicultores e para a loita contra a vespa asiática “xa que os apicultores e apicultoras galegos temos a esperanza de que a vespa crabro sexa a que nos axude a frear á vespa velutina, pois parece ser que poden competir por territorialidade, e se estragamos e desprazamos á vespa crabro do seu hábitat natural pois entón a invasora non terá rival e campará ás súas anchas”.

“Temos constancia de que houbo moitísimos casos de destrucción de falsos niños de vepa velutina onde aínda non a hai, co cal a que mataron é a vespa crabro”, advirten dende a Agrupación Apícola.

De aí a necesidade de diferencialas tanto á hora de eliminar os seus niños como as raíñas fundadoras. Esta última operación estase facendo mediante trampeo este ano a iniciativa da Xunta de Galicia entre os meses de febreiro e abril e, de non diferenciar entre a vespa crabo e a velutina, podería provocar a desaparición do principal inimigo natural da vespa asiática: o avespón galego.

Diferencias entre o abázcaro e a vespa asiática

VESPA CRABRO

(Autóctona)

VESPA VELUTINA

(Invasora)

Tamaño

Obreiras 40 mm

Obreiras miden 30-35 mm

Raíña ata 35-40 mm

Cabeza e tórax

Marrón

Negruzco

Abdome

A meirande parte amarelo

A meirande parte Negro

Entre o segmento 1º e 2º banda fina de cor marelo.

O 4º segmento é de cor amarelo alaranxado.

As patas

Marróns

Amarelas na terminación

Podes descargar un pdf coas diferencias entre vespa crabro e vespa velutina e máis información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información